Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nosa nova xeración audiovisual alenta o pulo creativo do alumnado da Fundación TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nosa nova xeración audiovisual alenta o pulo creativo do alumnado da Fundación TIC

Redacción
Publicado: 21/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fundacion_tic_encontros_mestre_mateo.jpgA Fundación TIC da Deputación de Lugo está a participar nos Encontros Mestre Mateo, dirixidos a emprazar nun mesmo escenario aos nosos escolares, por unha banda, coas novas xeracións de creadoras/es do noso audiovisual, pola outra. O obxectivo último: alentar o talento que a nosa mocidade leva dentro. Por exemplo a mocidade que se está a formar ao abeiro da Fundación TIC da Deputación, que mantivo hoxe unha xuntanza cos directores Andrés Goteira, Anxos Fazáns e Simón Casal dentro dos ditos encontros que organiza a Academia Galega do Audiovisual.
O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, salientou “a importancia que ten que o noso alumnado coñeza de primeira man a experiencia destes cineastas, que son un exemplo de que con talento, traballo e teimosía, pódese chegar moi lonxe, con independencia da idade, do xénero e do lugar de procedencia”.
O encontro, que estivo aberto ao público, celebrouse no salón de actos da Deputación.
Vidal Baamonde destacou especialmente o éxito de Andrés Goteira “un rapaz que, xunto con tres amigos de Meira, conseguiu un fito histórico no cinema galego: 13 Premios Mestre Mateo pola súa opera prima Dhogs”. O responsable provincial dixo tamén que “dende a Deputación e a Fundación TIC sentímonos moi satisfeitos por apoiar a uns mozos de Meira que crían firmemente no seu proxecto e que son a proba de que os soños poden facerse realidade. Iniciativas así son as que fan a marca Lugo”, apuntou o Presidente da TIC.
O Deputado Provincial resaltou, ademais, que “os tres directores que nos acompañan son moi novos. Para Andrés e Anxos esta foi a súa primeira longa, pero Simón xa acadou un gran éxito con Lobos Sucios, unha película na que participaron alumnos da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC”. Tamén fixo saber que Anxos, a máis nova dos tres, “é todo un exemplo para as nosas alumnas, e a demostración de que imos polo bo camiño na igualdade de xéneros nun eido, o da dirección cinematográfica, dominado, ata o de agora, polos homes”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?