A realización de directos de YouTube dende o ordenador é agora máis doado que nunca, xa que poderá realizarse cun par de clics se contamos con navegador Chrome de Google (aínda que no futuro esta prestacións chegará a máis navegadores web) e imos a youtube.com/webcam, espazo no que con picar na opción de Go live situada na cabeceira para iniciar unha retransmisión en directo sen precisar de ningún software adicional para realizar o streaming nin de ter que configurar nada máis, na liña de como habitualmente podemos facer directos dende o móbil.
Precisamente para estes últimos dispositivos tamén están a facer máis doada a realización de directos de YouTube, de xeito que nos vindeiros meses smartphones de marcas como Asus, LG, Motorola, Nokia e Samsung incluirán a opción de retransmitir vídeo en directo na propia aplicación de cámara.
YouTube permite retransmitir vídeo en directo dende Chrome
Compartir Este Artigo
