Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un centenar de técnicos de concellos participaron na xornada do CPEIG sobre protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un centenar de técnicos de concellos participaron na xornada do CPEIG sobre protección de datos

Redacción
Publicado: 23/03/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Fernando Suárez na apertura da xornada celebrada en Santiago
Fernando Suárez na apertura da xornada celebrada en Santiago
Achegar información de utilidade sobre os cambios inminentes en materia de regulamento sobre salvagarda de información persoal e privacidade, facendo fincapé en como atinxen estes cambios ás administracións. Este foi un dos grandes obxectivos do evento celebrado hoxe polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), unha xornada técnica e divulgativa que foi inaugurada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, o vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Manuel Mirás, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez. O obxectivo da xornada, máis en detalle, foi botar luz sobre o impacto do regulamento xeral de protección de datos sobre a actividade dos concellos e outras administracións públicas. A actividade, que se celebrou esta mañá no edificio CERSIA de Santiago, contou coa colaboración da FEGAMP e AMTEGA e a presenza dun centenar de técnicos.
Na xornada abordouse a cuestión da importante responsabilidade das administracións públicas, incluídas por suposto as locais, no que se refire á información dos cidadáns. Así, lembrouse aos presentes que os concellos e as restantes entidades públicas son “responsables e encargadas de tratamentos de datos persoais no desenvolvemento de moitas das súas actividades”, polo que o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), que será de aplicación a partir do 25 de maio, implicará un gran esforzo de adaptación de todas as partes implicadas (cidadáns, empresas, entidades públicas), atinxindo de cheo ás administracións locais.
xornada_lei_proteccion_de_datos.jpg En palabras de Fernando Suárez, “o novo regulamento de protección de datos suporá unha garantía adicional e seguridade para os cidadáns, especialmente nas súas relacións electrónicas. Isto supón un reto para concellos e resto de administracións públicas que terán que facer un gran esforzo para adaptarse a esta normativa de alcance europeo. Entre as principais novidades destacan a realización dunha análise de riscos, o consentimento verificable para a obtención de datos de carácter persoal e a creación da figura do delegado de protección de datos”, indicou o presidente do CPEIG, que engadiu que o colexio confía que este regulamento “supoña tamén un punto de inflexión de cara á concienciación da necesidade dunha regulación profesional, xa que é obvio que asuntos críticos como a seguridade xurídica e física das persoas deben ser garantidos por profesionais coas competencias e coñecementos acordes á súa responsabilidade”.
Na súa intervención, Manuel Mirás destacou que os concellos “somos os primeiros que temos que aplicarnos o conto e ser máis esixentes con nós mesmos e cos nosos veciños” á hora de cumprir a lei en calquera materia. “Non só temos que mellorar nós, as demais administracións tamén teñen que esforzarse e apoiarnos economicamente, informarnos, axudarnos coas estratexias de cambio de mentalidade, ofrecernos campañas informativas, pero sobre todo non darnos máis competencias sen acompañalas dunha memoria económica que clarifique os gastos e quen se fará cargo deles”.
inauguracion_da_xornada.jpgO tamén alcalde de Oroso indicou que desde a FEGAMP, amais de “pedir vehementemente a necesidade de aclarar os ámbitos competenciais e de facer orzamentos de custo dos servizos”, decidiuse “apoiar aos concellos nesta época de cambios con formacións en diferentes materias”, e por iso tan só no mes de marzo a entidade organizou varias xornadas formativas dirixidas aos concellos e aos seus representantes e técnicos/as.
Polo que se refire a Mar Pereira, salientou na inaguración que a nova normativa obriga ás administracións a xerar un clima de confianza cos cidadáns no actual contexto dixital e que tamén contribuirá a concienciar á sociedade sobre a importancia de xestionar de maneira axeitada a súa privacidade na Rede e nas súas relacións online con empresas e entidades públicas. Mar Pereira fixo fincapé na complexidade que supón a adaptación ao novo regulamento, especialmente para as entidades de menor tamaño como os concellos e avanzou as liñas que está a seguir a Xunta para cumprir co RXPD.
Na cita tamén participaron o profesor de Dereito Constitucional e director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG-USC), José Julio Fernández; a directora Xeral de UNIVE Avogados, Carmen Cas; o xefe do departamento de Seguridade en Amtega, Gustavo Herva; e o doutor en Dereito e director do Master Protección e Tratamento de datos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Daniel Neira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?