
A plataforma, segundo puidemos saber recentemente, activarase en breve contando coa presenza activa dunha trintena de concellos. O prognóstico é que de maneira progresiva poidan embarcarse no proxecto máis administracións locais. Nun plano máis concreto, o portal diríxese a fornecer á cidadanía de información pormenorizada sobre o funcionamento das administracións locais da nosa terra, “desde as declaracións de bens dos alcaldes e concelleiros, ata información sobre as subvencións, seguimento das tramitacións en liña, etc”.
Detrás do seu desenvolvemento, por parte da Universidade de Vigo, atópase a Rede Localis, unha equipa de traballo formada por docentes e investigadores universitarios e profesionais que traballan no ámbito local e que está xestionada polo grupo de investigación Gen da dita institución académica galega.
O Portal de Transparencia dos concellos, finalista nos Premios CNIS
Compartir Este Artigo

