Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC achegará contidos para sensibilizar sobre o autismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC achegará contidos para sensibilizar sobre o autismo

Redacción
Publicado: 02/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_lugo_autismo.jpgA Deputación de Lugo e a Fundación TIC, integrada na entidade provincial, están a achegar hoxe a súa colaboración co Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. E fano sumándose aos actos organizados por Raiolas Lugo e levando a cabo actividades concretas como o revestimento con cores azuis das fachadas do Pazo de San Marcos e do Fogar de Santa María, unha intervención que simboliza, en palabras da Deputación, “a sensibilidade do organismo provincial coas persoas e familias afectadas polo autismo”.
Asemade, a Fundación TIC está a achegar os seus equipos humanos e tecnolóxicos para gravar as actividades desenvolvidas na Praza Maior. Por exemplo a lectura do manifesto a cargo de Jorge Vilaboa, usuario de Raiolas. A Fundación TIC gravará todo o evento para difundilo por toda a provincia e nas redes sociais co fin de sensibilizar e concienciar á cidadanía.
As actividades comezaron ás 10.30, coa inauguración na sede provincial dunha mostra de fotografías feitas polos integrantes da dita asociación. Pola tarde, na Praza Maior, está previsto o desenvolvemento dun photocall, unha mesa informativa, un certame de debuxo, un obradoiro de decoración de galletas e un taller de concienciación. Ademais, ás 19.00 horas entregaranse os premios do dito certame e escenificarase o derrube simbólico dunha barreira, símbolo dos atrancos que separan ás persoas autistas das oportunidades das que gozan os restantes cidadáns. A Fundación TIC, como dixemos, creará contidos dixitais a partir do acontecido hoxe no centro neurálxico de Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?