O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) vai celebrar o vindeiro 16 de abril un obradoiro de introdución ao seu supercomputador Finis Terrae II, empregado na actualidade por centos de empresas e investigadoras/es da nosa comunidade científica para a resolución das máis complexas operacións ligadas ao cálculo avanzado ou ao tratamento do Big Data (información a gran escala). O obradoiro desenvolverase no propio centro en horario de 10:00h a 13:00h.
Está dirixido a usuarios noveis ou potenciais usuarios do computador Finis Terrae II, co obxectivo de que coñezan o equipo e aprendan a utilizalo para as súas propias aplicacións ou as que xa están dispoñibles.
Os contidos da actividade incluirán un bloque introdutorio sobre arquitectura clúster e descrición de hardware e un achegamento pormenorizado á metodoloxía empregada para acceder ao Finis Terrae II, para facer uso do sistema de colas (que é?, por que é necesario?, cales son os seus límites?, etc) e para tirar proveito das súas moitas aplicacións (software instalado, petición de novos programas, uso das aplicacións, execución de traballos simples).
Máis detalles do supercomputador
O Finis Terrae II, como lembraremos, entrou en produción hai agora dous anos, incrementando de maneira notable as prestacións do servizo de cálculo do CESGA. O novo supercomputador é un sistema de cálculo avanzado baseado en procesadores Intel Haswell e interconectado mediante rede Infiniband (FDR@56Gbps con topoloxía Fat-tree) cun rendemento pico de 328 teraflops e sostido en Linpack de 213 teraflops.
Concretamente o FinisTerrae II está composto por 3 tipos de novos de computación e 306 nodos de cómputo Thin cada un, incluíndo as seguintes características e elementos:
– 2 procesadores Haswell 2680v3, 24 cores
– 128 GB memoria
– 1 disco de 1TB
– 2 conexións 1GbE
– 1 conexión Infiniband FDR@56Gbps
– 6 Nodos de cómputo con Aceleradores:
4 nodos con GPUs, cada un con:
– 2 GPUs NVIDIA Tesla K80 (2 GPUs por cada tarxeta, 4 GPUs por nodo en total)
– 2 procesadores Haswell 2680v3, 24 cores
– 128 GB memoria
– 1 disco de 1TB
– 2 conexións 1GbE
– 1 conexión Infiniband FDR@56Gbps
2 nodos con Xeon Phi, cada un con:
– 2 Intel Xeon Phi 7120P
– 2 procesadores Haswell 2680v3, 24 cores
– 128 GB memoria
– 1 disco de 1TB
– 2 conexións 1GbE
– 1 conexión Infiniband FDR@56Gbps
– 1 FAT node de computación coa seguinte configuración:
– 8 procesadores Intel Haswell 8867v3, 128 cores
– 4096GB memoria
– 24 discos SAS de 1,2 TB e dous discos SAS de 300 GB
4 nodos de login/transfer para a conexión ao sistema e a transferencia de ficheiros, coa seguinte configuración cada un:
– 2 procesadores Haswell 2680v3, 24 cores
– 128 GB memoria
– 2 discos de 1TB
– 2 conexións 10Gbit Ethernet
– 1 conexión Infiniband FDR@56Gbps
O CESGA introdúcenos o 16 de abril nas posibilidades e usos do Finis Terrae II
Compartir Este Artigo

