Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os pros e contras das redes sociais para os menores, a debate na Fábrica de Oleiros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os pros e contras das redes sociais para os menores, a debate na Fábrica de Oleiros

Redacción
Publicado: 03/04/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

typingkeyboard-58a48dc33df78c4758a126f7.jpgEste 6 de abril, sexta feira, o Concello de Oleiros lévanos da man ás vantaxes e aos riscos do espallamento das redes sociais entre a mocidade, vantaxes e riscos que teñen relación directa co tipo de uso que se lle dea aos servizos dixitais. Trátase da xornada Redes sociais e adolescencia, que se celebra no auditorio da Fábrica ás 19.30 horas en formato de charla aberta, dirixida sobre todo ás familias. A cita fundamenta un dos seus piares no seguinte dato: as comunidades e servizos en liña son xa o lugar preferido para o lecer do 90% da mocidade. Polo tanto, tendo en conta esta elevada porcentaxe, “é fundamental que as nais e os pais teñan información para previr moitos dos problemas no futuro”, sinala o Concello.
Porén, explica a organización, o contido desta charla non é de ciberseguridade na Rede coma outras semellantes que se organizan desde os centros educativos para as familias, nin as que teñen como destinatarios/as o propio alumnado. “Esta xornada”, engade o Concello, “está enfocada ás familias, co obxectivo de coñecer os comportamentos e as relacións que manteñen os rapaces e as rapazas nesa idade, etapa fundamental no desenvolvemento e na que configuran a súa personalidade e identidade, así como as súas crenzas”.
O Goberno local tamén explica que “as redes sociais están a xogar un papel moi importante” entre as mozas e mozos, e son xa un dos elementos de socialización máis importantes para eles e elas, “polo que as familias deben coñecer de preto que hai detrás, que está a pasar nas relacións que manteñen a través desas canles, como inflúen na súa vida, no seu desenvolvemento, nas relacións entre iguais e coa súa familia”.
Logo da charla abrirase un coloquio co público asistente no que poderán realizar preguntas ás relatoras, Virginia Pañeda e Sara Vierna, educadoras especialistas en redes sociais, xénero, intelixencia emocional e adestramento educativo, que nos achegarán á realidade que están a vivir os menores de idade nestes intres nas redes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?