Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sanidade lanza app para obtermos datos personalizados sobre o calendario de vacinas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sanidade lanza app para obtermos datos personalizados sobre o calendario de vacinas

Redacción
Publicado: 03/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sanidade_vacgal_app_presentacion.jpgSantiago, máis en detalle o centro de saúde de Vite, deu acollida hoxe á presentación da aplicación Vacgal, unha ferramenta de balde para facilitarnos a obtención de datos personalizados sobre o calendario de vacinas. A app, impulsada pola Consellería de Sanidade, foi dada a coñecer polo director xeral de Saúde Pública, Andrés Paz-Ares, quen salientou o elemento de fiabilidade posto en xogo polo mesma, amais das vantaxes de mobilidade que achega: podemos tirarlle o máximo partido dende os nosos dispositivos móbiles, “converténdose así, nunha canle áxil e dinámica de comunicación entre nós e o programa galego de vacinacións”, engadiu.
No acto tamén participou o subdirector xeral sobre Saúde e Epidemioloxía, Xurxo Hervada, que coincidiu con Paz-Ares á hora de destacar as posibilidades da aplicación para “mellorar a concienciación das galegas e galegos respecto do valor das vacinas, así como un incremento de coberturas”. Ademais, sinalaron, “favorecerá a comodidade do propio proceso de vacinación”.
Nun plano máis detallado, fixeron fincapé en utilidades concretas como a funcionalidade para coñecermos o calendario vacinal vixente do programa galego de vacinación, tanto infantil como de adultos; ou o servizo para consultar en calquera momento os datos que ten o programa sobre a vacinación propia ou das persoas a cargo; ou a posibilidade de vermos a correspondencia entre as vacinas administradas e o calendario vacinal que lle corresponde a cada persoa por idade. A ferramenta tamén permite recibir recordatorios sobre vacinas pendentes próximas a administrar; tramitar citas para vacinarnos mediante o propio dispositivo móbil; recibir notificacións do programa sobre novas relacionadas coa vacinación e, ademais, consultar información sobre vacinación e viaxes. A app está dispoñible para móbiles con Android e máis con iOS.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?