Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo convoca 1.340 persoas para acceder a Ben Empregado 4
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo convoca 1.340 persoas para acceder a Ben Empregado 4

Redacción
Publicado: 04/04/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_sonsoles.jpgA Deputación de Lugo inicia a semana vindeira as probas de selección de Ben Empregado 4, a nova edición do seu programa de impulso e inserción laboral, con frontes activas a ámbalas beiras do proceso (entre as persoas demandantes, por unha banda, e entre as empresas e entidades diversas con necesidades de profesionais, pola outra). Nas probas, que comezan o 9 de abril, participarán 1.340 lucenses no paro. Póñense en xogo 185 postos de traballo, unha parte importante dos cales son ocupacións ligadas directamente ás novas tecnoloxías da información. Estas 185 vacantes veñen da man doutras tantas empresas e colectivos sen arela de lucro de 37 concellos da provincia.
Segundo informa a Deputación, na web de seu (www.deputacionlugo.gal) están publicadas as listaxes de aspirantes seleccionados e excluídos, así como a data na que os candidatos deberán presentarse ás probas.
Dos 1.340 aspirantes a estes empregos, 1.157 concorren á liña A1, na que 127 empresas buscan outros tantos perfís de diversas profesións. O Goberno da Deputación financiará ao 50% os custes laborais dos traballadores durante un ano. Por outra banda, 264 aspirantes concorren á liña B1, dirixida a persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. Neste caso, 19 empresas ofrecen 19 empregos. Neste punto e co fin de fortalecer obxectivos e a efectividade do programa, o Executivo provincial financiará ao 100% os custos salariais destes profesionais, “favorecendo a igualdade de oportunidades”.
Finalmente, serán 650 demandantes de emprego optan aos 39 postos de traballo da liña 2, que demandan 39 asociacións da provincia, que recibirán o 90% da axuda da Deputación.
O orzamento da Deputación para cubrir os custos laborais dos novos traballadores é de 2,4 millóns de euros (ao cen por cen no caso de contratos a persoas con capacidade diferentes, ás que están risco de exclusión social e ás que retomen a súa actividade laboral en colectivos socias; e nun 50% cando as contratacións sexan a desempregados lucenses en xeral). Os empregos a crear abranguerán todos os sectores, incluído o das novas tecnoloxías. De feito, impulsaranse novamente os comunity managers, os técnicos en informática, os programadores, os deseñadores gráficos, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?