Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea volve colaborar coa formación avanzada da UDC en estratexia dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea volve colaborar coa formación avanzada da UDC en estratexia dixital

Redacción
Publicado: 04/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

balidea_master_udc_colaboracion.jpgA empresa galega Balidea vén de renovar o seu compromiso coa formación avanzada en novas ferramentas e novos xeitos de crear proxectos empresariais que marquen un antes e un despois na liña evolutiva do mercado. Este compromiso materialízase na súa continua colaboración co Máster en Innovación e Estratexia Dixital da Universidade da Coruña, unha colaboración que chega ao seu terceiro ano e que collerá corpo, novamente, coa implicación directa dos responsables de Balidea na achega de contidos. Máis polo miúdo, a empresa guiará ao alumnado no desenvolvemento dun proxecto práctico de innovación empresarial.
Como punto de partida organizouse unha sesión teórica, que tivo lugar o pasado 23 de marzo, impartida por José Ángel Abeal, director de Desenvolvemento de Negocio de Balidea, na que se realizou unha presentación dos proxectos máis innovadores da compañía e trasladáronse unha serie de claves como preparación previa ao período práctico.
Agora, en base ao devandito, os participantes deberán simular a creación dunha start up, elaborando o seu plan de empresa e mercado, o seu catálogo de produtos innovadores e a súa estratexia de mercadotecnia dixital.
Balidea colabora con este posgrao desde o curso 2015-16. Está dirixido polos catedráticos de Análise Económica José Manuel Barreiro e Andrés Faíña e céntrase no coñecemento práctico das novas ferramentas de márketing dixital e xestión empresarial da innovación, que son transversais a todas as áreas de coñecemento, actividades profesionais e sectores económicos.
Ao completar o mestrado as/os estudantes poderán deseñar plans de mercadotecnia dixital, con capacidade para coordinar a construción de páxinas web de empresa e plataformas de comercio electrónico, así como criterios para a creación de marca no ámbito dixital. Segundo engade Balidea, os contidos tamén as/os capacitarán para instrumentar, avaliar e financiar proxectos innovadores: como crear novos produtos e servizos, encaixándoos no mercado e nas preferencias dos clientes; desenvolver un modelo de negocio viable, financiar proxectos innovadores, elaborar previsións de fluxos de caixa, presentar proxectos e procurar investidores axeitados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?