Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Sé + Digital potenciará as competencias dixitais de cidadáns e empresarios galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Sé + Digital potenciará as competencias dixitais de cidadáns e empresarios galegos

Redacción
Publicado: 04/04/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

se_mais_dixital.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a Escola de Organización Industrial (EOI) e Orange España lanzan o novo programa de formación online gratuíta Sé + Digital en Galicia. O obxectivo da iniciativa é convidar a todos os galegos a que participen nesta formación en ferramentas dixitais, cuxos fins son o impulso do desenvolvemento empresarial, a xeración de emprego e a retención do talento local a través das novas tecnoloxías.
Deste xeito, a Xunta de Galicia e os promotores de Sé + Digital, EOI e Orange, contribuirán a axudar a empresarios e emprendedores na mellora da súa actividade profesional mediante a formación en habilidades dixitais que lles faciliten a aplicación das novas tecnoloxías para dixitalizar e desenvolver os seus negocios desde os seus municipios.
A fase de inscrición para esta convocatoria de Sé + Digital en Galicia iniciouse onte e estará aberta na web ata o 2 de maio. O período para completar o curso, que ten unha duración de 20 horas, concluirá o vindeiro 16 de maio. Finalizado o curso, os alumnos recibirán o seu correspondente diploma, certificado e avalado por EOI.

A continuación dun programa de éxito

Sé + Dixital é a continuación de Sé Digital, un programa impulsado por EOI en colaboración con Orange para fomentar a transformación dixital dos cidadáns, co fin de lograr unha rápida e efectiva adaptación de toda a poboación aos retos que expón a nova economía dixital global. Desde o seu lanzamento, en marzo de 2016, Sé Digital formou a máis de 7.500 persoas de 130 municipios de toda España, interesadas en coñecer as oportunidades de negocio que lles poden ofrecer as TIC para participar na nova economía global desde as súas localidades.
Esta nova iniciativa Sé + Digital ofrecerá aos seus participantes a oportunidade de profundar nos conceptos presentados en Sé Digital cun enfoque máis práctico. Así, os participantes nesta ampliación do programa descubrirán novas oportunidades para facer negocios e ofrecer servizos profesionais online desde as súas cidades; aprenderán conceptos e ferramentas básicas para desenvolver as súas actividades dixitais dunha maneira sinxela e estratexias de posicionamento en liña para que os atopen desde calquera parte do mundo; e tamén coñecerán boas prácticas e novas formas de financiamento na internet para poñer en marcha os seus proxectos, así como ferramentas recomendadas para iniciar a transformación dixital dos seus negocios ou comezar a emprender dixitalmente.
Ademais, os alumnos de Sé + Digital terán acceso ao consello de expertos en economía dixital, así como á experiencia de emprendedores locais que xa lanzaron as súas propias iniciativas empresariais desde as súas localidades utilizando as novas tecnoloxías.
Así mesmo, os participantes no programa poderán interactuar cos integrantes da Comunidade de Aprendizaxe Virtual asociada á iniciativa Sé + Digital. No devandito foro, que conta xa con máis de 550 membros e que ten o seu epicentro en Facebook, tanto ex-alumnos que xa lograron a súa titulación como novos interesados comparten experiencias e coñecementos nunha contorna online similar á plataforma na que se desenvolve a formación. Desta forma, foméntase o coñecemento colaborativo a través do intercambio de información e boas prácticas e a xeración de novas ideas entre os usuarios.
Ademais, o foro contribúe a dotar de maior visibilidade aos proxectos empresariais dos seus membros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?