Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago achega ás empresas ao novo regulamento en protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago achega ás empresas ao novo regulamento en protección de datos

Redacción
Publicado: 05/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

proteccion_datos-2.jpgA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro 12 de abril unha xornada informativa e de balde sobre a Adaptación da empresa á nova normativa en Protección de Datos (LOPD), entre as 12:00 e as 13:30 horas no seu salón de actos. Dirixida ás pequenas e medianas empresas de Compostela e contorna, a charla estará impartida polo avogada Diana Fernández Soutullo, do bufete Soutullo & Asociadas. Como lembraremos, esta normativa (entre outras cousas) esixe ás empresas que traten datos a gran escala, con independencia da facturación ou a cifra de empregados, que conten coa figura do delegado de protección da información.
Segundo explica a Cámara para poñernos en situación, a normativa (que se aplicará a partir do 25 de maio) é o regulamento europeo 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento Xeral de Protección de Datos, RGPD).
Diana Fernández adianta que o regulamento europeo protexe unicamente datos de carácter persoal, só no que se refire ás persoas físicas, e esixe ás empresas “responsabilidade” en materia de protección de datos de carácter persoal. En concreto, fálase de responsabilidade proactiva (responsability) como un dos principios que rexe esta materia conforme á normativa europea. E engade a relatora: “Non se trata só de que as empresas sexamos responsables senón tamén de parecelo e demostrar que adoptamos todas as medidas técnicas e organizativas para cumprir a normativa en materia de protección de datos. O seu cumprimento require un labor constante por parte da empresa, o que non implica unha acción cotián pero si un cambio na orientación e actitude en materia de privacidade”. Segundo engade, este principio de privacidade por deseño sinala “que no mesmo intre da creación dun negocio temos que ter en conta a privacidade e non despois, cando o negocio xa está en marcha”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?