Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A FIC acolle unha conferencia sobre o noso futuro demográfico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A FIC acolle unha conferencia sobre o noso futuro demográfico

Redacción
Publicado: 05/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fic-2.jpgO grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES) da Universidade da Coruña organiza este 6 de abril, na Facultade de Informática do Campus de Elviña, a conferencia Galicia: pasado, presente e futuro desde a perspectiva das operacións demográficas do Instituto Nacional de Estatística (INE). A sesión, un achegamento ao noso porvir poboacional (cos seus problemas estruturais, cun marcado índice de envellecemento e cun claro proceso de concentración nas cidades e nas vilas de meirande tamaño e actividade económica) dende unha óptica de cálculo a gran escala, contará coa presenza do director adxunto de Estatísticas Socio-Demográficas do INE, Jorge Luis Vega Valle, titulado pola UDC.
A conferencia desenvolverase ás 12:30 horas na aula de graos Víctor Gulías. Segundo informa o grupo MODES para poñernos en situación, a xornada responde a unha presenza cada vez maior nos medios de novas e reportaxes relacionadas cos parámetros demográficos, botando luz sobre estes e sobre os procesos para darlles corpo. Na conferencia de Vega Valle incluirase unha breve mención á metodoloxía empregada polo INE nas diversas operacións demográficas que realiza. Así mesmo, detallaranse, para o caso concreto de Galicia, e realizando un desglose para cada un dos diversos compoñentes demográficos (nacementos, defuncións, inmigracións, emigracións) a evolución dos indicadores máis relevantes. Por último, incluiranse comparativas co resto de España e tamén a nivel europeo que axudarán a ter unha perspectiva máis global da situación demográfica galega.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?