Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A visión innovadora, nexo común dos 15 proxectos que acelerará ViaGalicia quinta edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A visión innovadora, nexo común dos 15 proxectos que acelerará ViaGalicia quinta edición

Redacción
Publicado: 05/04/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

viagalicia-2.jpgA quinta edición da aceleradora galega de proxectos innovadores, ViaGalicia, xa ten iniciativas concretas ás que acelerar, asesorar, impulsar e formar. Trátase de 15 proxectos todos eles co nexo común da innovación e de ter, en común e por separado, unha visión renovadora do panorama produtivo e emprendedor galego. Ademais, a tecnoloxía é outro dos alicerces sobre os que se asentan. Por temáticas concretas, van dende propostas para a creación de nanosatélites ao audio profesional, dende a fabricación de táboas de surf ata o desenvolvemento de dispositivos USB que son quen de evitar programas malware. A orixinalidade e o alto grao de desenvolvemento son outros dos ingredientes comúns.
A aceleración arrinca o vindeiro 1 de maio no Centro de Negocios de Porto de Molle. Recibirán 125.000 euros con feitura de préstamos participativos e subvención a fondo perdido. Segundo informa a impulsora principal de ViaGalicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo (co apoio firme da Xunta de Galicia), presentáronse á quinta edición da palestra empresarial 200 proxectos. Para elixir os finalmente “acelerables”, o comité valorou entre outras cousas a capacidade de retorno do investimento para potenciais investidores nos proxectos, as posibilidades de captar clientes e validar os produtos con eles durante o proceso de aceleración e a súa relevancia estratéxica no tecido empresarial galego, así como a solidez dos equipos e a súa presentación nos DemoDay que tiveron lugar os pasados 23 e 24 de marzo en Lugo e Vigo, respectivamente. Nestas xeiras de demostración, como lembraremos, participaron os proxectos que chegaron á fase de academia, seleccionados entre as máis de 200 iniciativas que se presentaron inicialmente a esta quinta edición de ViaGalicia.
Entre os 15 proxectos elixidos atópanse Alén, fabricante de satélites chave en man; AuthUSB, que deseñou unha ferramenta para a prevención de todo tipo de ataques en dispositivos USB; Direct Dump, un sistema que facilita un proceso de autocertificación forense dirixido a peritos informáticos ou forzas de seguridade; Data Monitoring, que deseña solucións IoT (Internet Of Things) de seguimento de depósitos de auga e leite e RocketForms, plataforma que xera formularios interactivos para a súa inserción en páxinas web.
Dentro da contorna dixital atópanse os proxectos Livetopic, asesor financeiro en liña; Legalmit, bufete virtual en liña para avogados; ou Tidyant, unha aplicación para a xestión do ciclo de venda e post-venda de empresas de servizos técnicos. Ademais, seleccionáronse iniciativas como Ertha Surfboards, fabricante de táboas de surf eco-friendly; Xtonebox, adicada á fabricación de equipos vintage de alta fidelidade e audio profesional; ou Colibrí, centrada na venda de scooters con deseños atractivos e a última tecnoloxía en mecánica.
A agroalimentación tamén estará presente, coa escolma de catro proxectos relacionados co sector: Galician Brew, premiada gama de cervexas con personalidade propia; Bisqato, nova marca galega de queixos e pastas brandas de calidade; Orballo, a primeira plantación de té ecolóxico certificada de Europa; e Grilier, sazonador gourmet saudable para grellada.
Ademais, aos quince proxectos seleccionados cómpre sumar Emsamble, dirixido ao desenvolvemento dun sistema de arquitectura modular que chegou ata a fase de Academia da anterior edición e que agora obtivo pase trala súa inscrición na convocatoria extraordinaria Fast Track que ViaGalicia abriu por primeira vez o pasado mes de febreiro.
Sinalar que agora, despois da valoración do comité técnico (formado por representantes do Consorcio Zona Franca de Vigo, a Axencia Galega de Innovación, Xesgalicia e Vigo Activo), as dezaseis iniciativas comezarán a súa aceleración a partir do vindeiro 1 de maio no Centro de Negocios de Porto do Molle, en Nigrán. Durante un período de seis meses traballarán xunto a un equipo de expertos co obxectivo de mellorar o modelo de negocio xa definido previamente para consolidalo de face a futuras roldas de investimento. Neste treito do camiño, amais de recibir titorías especializada e asesoramento, contarán cun financiamento de ata 125.000 euros, en forma de préstamos participativos, máis unha subvención a fondo perdido.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?