Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta investirá 500 millóns de euros para avanzar na eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta investirá 500 millóns de euros para avanzar na eAdministración

Redacción
Publicado: 05/04/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20180405_feijoo__03.jpgAlberto Núñez Feijoo, destacou hoxe a aprobación no Consello da Xunta do contrato de xestión plurianual da AMTEGA que disporá de máis de 500 millóns de euros ata 2021 para desenvolver 50 programas e responder aos fins estratéxicos entre os que destacan: reforzar a cohesión dixital da Administración; promover os servizos públicos dixitais; fomentar a capacitación dixital; promover a economía dixital; apoiar o crecemento do ecosistema dixital; garantir a dispoñibilidade dos servizos públicos dixitais; e aplicación de medidas instrumentais e de eficiencia. O reforzo da cohesión dixital da Administración afectará tanto ao funcionamento interno da Administración como á súa relación coa cidadanía.
En relación aos servizos públicos dixitais, o presidente da Xunta sinalou que afectará a ámbitos como o comercio a empresa e a industria, a xustiza, a Administración ou o ámbito social. No tocante á xustiza, lembrou o compromiso de implantar un modelo de sala de vistas totalmente dixital; así como estender a sinatura dixital e o sistema de xestión de arquivos e obxectivos relacionados cos delitos ao 95% dos órganos xudiciais.
No eido da Administración, destacou a necesidade de mellorar a sede electrónica e poñer en marcha a carpeta do cidadán ou incrementar nun 60% a porcentaxe de accesos. E no ámbito social, consolidarase a Historia Social Única Electrónica, ademais de avanzar no modelo de Fogar Dixital.
20180405_feijoo__02.jpgSobre o fomento da capacitación dixital, Feijoo subliñou o compromiso de promover o talento no eido das TIC; avanzar no Plan de Inclusión Dixital; ou a extensión das redes de alta velocidade nos centros de ensino e da educación dixital, co obxectivo de chegar aos 20.000 alumnos.
Así mesmo, e para promover a economía dixital ofreceranse ferramentas dixitais ao sector turístico e mellorarase a rede de oficinas; poñeranse as TIC ao servizo da xestión dos arquivos, museos e o patrimonio; dixitalizaranse tamén os sectores primarios; e modernizarase o transporte por estrada, para facilitar o transporte baixo demanda.
Para apoiar o crecemento do ecosistema dixital, destacou o obxectivo de estender a banda larga, para que o 96% da poboación teña acceso a redes de 30 Mbps.
Garantir a dispoñibilidade e a seguridade dos servizos públicos dixitais, co desenvolvemento do Plan de Seguridade da Xunta; e implantar medidas instrumentais e de eficiencia, como a aprobación definitiva da Lei de Administración dixital, a consolidación da contratación centralizada, e a mellora das infraestruturas, sistemas e redes corporativas que dan servizo aos 3.000 centros da Administración autonómica, son outros obxectivos que se atopan dentro desta estratexia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?