Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Santiago formará en videoxogos a nosa mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Santiago formará en videoxogos a nosa mocidade

Redacción
Publicado: 06/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

programa_videoxogos_e_emprendemento__1.jpgQuen queira formarse nunha das industrias de meirande proxección e maior potencial creativo do noso tempo, os videoxogos, vai ter en Compostela unha boa oportunidade para facelo. Estamos a falar do programa Constrúe o teu Futuro. Videoxogos e emprendemento, organizado pola Cámara de Comercio en Santiago en colaboración (achegando financiamento) coa Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación INCYDE a través do Fondo Social Europeo. A iniciativa arrinca o 16 de abril no Centro de Emprendemento do Gaiás e está especialmente dirixida a menores de 30 anos, preferente no paro e sen cursar actividades de ensino no presente. O obxectivo é achegarlles claves de valor para convertérense en emprendedoras/es do lecer dixital ou, simplemente, para ampliar coñecementos e capacidades.
A formación inclúe as principais disciplinas vinculadas á creatividade, innovación e tendencias dentro do mundo do videoxogo (produción de imaxe en 3D, desenvolvemento visual, efectos visuais ou simulación), modelos de negocio, dirección de proxectos, roles de equipo técnico e tecnoloxía, área de mercadotecnia (Google Analytics, SEO, SEM, Growth hacking), área xurídico-fiscal, finanzas e área de dirección de proxecto final.

O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia
O Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia
O programa, no que poderán participar un máximo de 25 persoas, celebrarase ata o 25 de maio no Centro de Emprendemento de la Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás, s/n), de martes a xoves en horario de 16:00 a 18:00 horas. Amais do devandito, abrangue titorías individuais entre o alumno e o consultor, sempre dentro do horario de apertura do centro de emprendemento do Gaiás (de 8:00 a 22:00 horas). As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa Cámara de Comercio de Santiago (981596800; vivero@camaracompostela.com) ou consultar o programa completo e inscribirse na súa páxina web.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?