
“Estas medidas subvencionables”, sinala a Deputación”, “van destinadas principalmente a implantar na organización cambios e/ou ideas innovadoras que supoñan unha clara diversificación da actividade da empresa e incidan de maneira positiva nunha mellora na visualización da empresa e na eficacia dos procedementos internos da organización”.
Polo tanto, subvencionaranse os gastos relativos a colaboracións externas para asistencia técnica, gastos externos de auditoría, consultoría, asesoramento, formación e actividades ou actuacións relacionadas con melloras nos seguintes ámbitos: responsabilidade social empresarial, mercadotecnia (márketing) e comunicación, e competitividade e expansión.
As entidades poderán presentar con carácter xeral un orzamento mínimo de gasto de 2.500 € e máximo de 6.000 € (excluído IVE), do cal poderán solicitar, como máximo o 80% polo que o importe máximo da subvención para conceder con carácter xeral é de 4.800 € (excluído IVE), podéndose ampliar ata os 5.520 euros no caso de colectivos desfavorecidos ou situados nalgún concello que conte cunha poboación inferior a 20.000 habitantes.
As actividades para desenvolver ao abeiro desta convocatoria deberán ser realizadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2018.
As bases reguladoras desta liña pode consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 55 de 21.03.2018 ou premendo na seguinte ligazón bop.dicoruna.es. Para as persoas que queiran recadar máis información sobre esta nova iniciativa de apoios da Deputación da Coruña, teñen todos os datos que poden precisar na web de emprego da entidade provincial, emprego.dacoruna.gal.
A Deputación da Coruña lanza axudas para innovar nas empresas
Compartir Este Artigo

