Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ardán brinda en formato descargable a súa base de datos empresarial de 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ardán brinda en formato descargable a súa base de datos empresarial de 2016

Redacción
Publicado: 09/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

grafica_empresarial.jpgO sistema de información empresarial do Consorcio da Zona Franca, Ardán, puxo hoxe a disposición do público, en formato descargable, a base de datos que recolle as 20.000 maiores empresas de Galicia con datos identificativos e económicos do exercicio 2016. Esta base de datos pódese adquirir desde a páxina www.ardan.es, no seu apartado de compra en liña. O produto, que sae a un prezo de 99 euros, permítenos, en palabras do Consorcio, “realizar unha manchea de filtros sobre a mostra de empresas, ben sexa por nome da sociedade, datos económicos, sectoriais, xeográficos, etc”.
Ademais, posibilítanos para facermos escolmas de fichas de empresa e listaxes, con datos cen por cen exportables a Excel, “o que deixa marxe para traballar con eles en calquera computador, nun formato descargable con software de manexo doado para a contorna Windows”.
Nos datos que se proporcionan de cada empresa tamén se fai constar se ten algún dos indicadores Ardán de mellores prácticas empresariais e outros indicadores.
Para quen non o saiba, sobre o alicerce dos datos empresariais contidos nesta mostra de empresas os técnicos do servizo de información empresarial Ardán, coa colaboración por primeira vez este ano da Cátedra Ardán da Universidade de Vigo, elaborarán nos vindeiros meses o Informe Económico e de Competitividade de Galicia 2018, cuxas fichas reflectirán novamente as 10.000 empresas de meirande facturación da nosa terra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?