Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova edición da feira virtual Finde.U terá 120 expositores, 30 máis ca en 2017
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova edición da feira virtual Finde.U terá 120 expositores, 30 máis ca en 2017

Redacción
Publicado: 10/04/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_finde.u_2018.jpgA Universidade de Vigo vén de facer reconto do acadado ata agora, en materia de participación, pola nova edición da Feira Internacional Virtual de Emprego Finde.U, a terceira, que se celebra entre o 16 e o 18 de abril. Segundo fai saber a institución educativa galega, xa se inscribiron 1.200 demandantes de emprego (procedentes sobre todo de ámbalas beiras da raia galego-portuguesa pero tamén doutros países europeos como Francia e Reino Unido, entre outros) e a previsión é acadar os 3.500 da anterior edición. Ademais, está previsto que concorran máis de 120 expositores, 30 máis ca en 2017. Destes expositores, 90 son empresas con necesidades de contratación de persoal, 17 son servizos/puntos de información relacionados con emprego e mobilidade e 12 son espazos de atención dos diferentes países participantes no ámbito da rede Eures.
A feira vén da man das universidades de Vigo, Porto, UTAD (Trás-os-Montes e Alto Douro) e a Universidade Católica Portuguesa – Oporto, en cooperación con IEFP / EURES Portugal e EURES Transfronterizo Galicia-Norte de Portugal.
Segundo informan as entidades organizadoras, a cita da vindeira semana será o primeiro gran acontecemento da fieira Finde.U no ano 2018, acontecemento que se completará cos eventos presenciais que terán lugar no mes de outubro: en Porto, os días 16 e 17, e en Vigo, o 23 e 24 .
En palabras de Alejandro Martínez, director da Área de Emprego e Emprendemento, a feira permite a aquelas persoas egresadas que estean a buscar un emprego, “presentar a súa candidatura a ofertas de traballo e a oportunidades de investigación, coñecer empresas e/ou expertos no mercado laboral dalgúns países europeos e mesmo ser convidado ou convidada a entrevistas de tipo laboral”. A maiores, sinala, “as persoas participantes tamén terán á súa disposición un programa cunha ampla oferta de obradoiros e sesións informativas sobre competencias transversais e desenvolvemento persoal, emprendemento, empregabilidade a nivel europeo, así como presentacións de empresas e institucións sobre as súas necesidades de contratación de persoal”.
Polo que se refire a ofertas de traballo, xa se publicaron preto de 300, dando acceso a máis de 700 empregos. Porén, a maior parte das contribucións iranse publicando ao longo desta semana. “O perfil máis demandado é o tecnolóxico e o sanitario, pero, en xeral, búscanse profesionais cualificados en practicamente todas as áreas, sobre todo nos países nórdicos”, explica o director da Área de Emprego e Emprendemento, engadindo que a nivel internacional as ofertas chegan de países como Reino Unido, Bélxica, Alemaña ou Dinamarca. “Hai moita demanda de especialistas nas diferentes ramas do mundo da enxeñaría (mecatrónica, eléctrica, telecomunicacións…), pero tamén no da medicina, enfermaría e fisioterapia”, informa, incidindo na importante presenza de empresas do sector TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), do turismo, da saúde e da alimentación.
Entre as firmas galegas que xa achegaran ofertas salientan nomes como Televés, con sede en Santiago de Compostela e máis de 800 persoas no seu cadro de persoal, e Vegalsa-Eroski, con máis de 200 puntos de venta, repartidos ao longo de Galicia, Asturias e Castela-León e 6.000 persoas contratadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?