Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As cámaras de Santiago e Coruña recoñecerán o pulo dixitalizador das nosas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As cámaras de Santiago e Coruña recoñecerán o pulo dixitalizador das nosas empresas

Redacción
Publicado: 10/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

computador_traballando-7.jpgA Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio da Coruña, xunto co Banco Santander, veñen de convocar a segunda edición do seu galardón empresarial conxunto, o Premio PEME do Ano, lanzado co obxectivo de recoñecer o labor das pequenas e medianas empresas como “xeradoras de riqueza e creadoras de emprego no desempeño do seu labor cotián”. A segunda edición do recoñecemento, que ten a colaboración de La Voz de Galicia, vén con algunha que outra estrea. Por exemplo, amais do devandito premio, o xurado concederá tres accésit a outras tantas empresas nas categorías de internacionalización, dixitalización e innovación e formación e emprego.
A firma que finalmente sexa elixida PEME do Ano da Coruña concorrerá ao Premio PEME do Ano 2018 de España, que se fallará no primeiro trimestre de 2019.
Poderán presentar a súa candidatura a este premio todas as pequenas e medianas empresas de menos de 250 empregados, cunha facturación anual inferior aos 50 millóns de euros no exercicio 2017 e con sede social na provincia da Coruña.
As empresas interesadas poden consultar as bases publicadas nas páxinas web da Cámara de Comercio de Santiago e a Cámara de Comercio da Coruña. Tamén a través destes espazos en liña poderán cumprimentar o formulario de inscrición aberto ata o vindeiro 15 de xuño.
O xurado (composto por representantes das devanditas entidades organizadoras) valorará nas súas deliberacións méritos como a creación de emprego, as accións de formación para os seus empregados, a actividade internacional e as iniciativas de transformación dixital e innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?