Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As Termas e o Concello de Lugo presentan a segunda edición do concurso de innovación Wonderful
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As Termas e o Concello de Lugo presentan a segunda edición do concurso de innovación Wonderful

Redacción
Publicado: 10/04/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

wonderful_concello_lugo.jpgAs Termas Centro Comercial e o Concello de Lugo presentaron na mañá deste 10 de abril a segunda edición do seu certame conxunto de innovación, o concurso Wonderful. Segundo fixeron saber, a nova convocatoria do certame vai dirixida a apoiar unha vez máis a posta en marcha (da man de empresas ou persoas de Lugo) de iniciativas que marquen un antes e un despois (no económico, no produtivo pero tamén no social) na contorna da que xorden, a lucense. Ou sexa, que do que se trata é de recoñecer o esforzo dos lucenses a prol de dar forma a cadansúa visión de futuro empresarial. A iniciativa foi dada a coñecer pola concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico de Lugo, Ana Prieto, e o xerente do Centro Comercial As Termas, Esteban Patiño.
As propostas candidatas poden participar en catro categorías diferentes. A primeira é a de Solucións Innovadoras para tendas e centros comerciais; a segunda, Solucións Innovadoras que melloren a calidade de vida do cidadán con respecto á súa cidade (Smart Cities); a terceira é a de Negocios ou tendas innovadoras, e a cuarta, Ideas Innovadoras.
Segundo informaron, as tres primeiras están concibidas para empresas ou startups que traballan con innovación nos ámbitos das Cidades Intelixentes, as vendas ao por maior (retail) ou do comercio. A última diríxese sobre todo a emprendedores e universitarios con ideas de negocio innovadoras en calquera ámbito e coa posibilidade de plasmar os seus proxectos ou mesmo participar mediante os seus traballos de fin de grao.
Os gañadores conseguirán un conxunto de premios orientados a axudarlles nas fases iniciais, grazas aos patrocinadores e impulsores de Wonderful: Bstartup de Banco Sabadell, BizSpark de Microsoft, El Economista, IBM, a Universidade Francisco de Vitoria ou Indra. Os premios terán unha contía de 5.000 euros en metálico que entregará Lar España (propietaria, precisamente, do Centro Comercial As Termas), unha entrevista nun medio de comunicación do eido estatal, o acceso a financiamento bancario e investimento privado, axudas de software e novas tecnoloxías, consultoría estratéxica, formación e asesoramento personalizado. Ademais, os gañadores das categorías de innovación en retail participarán no Wonderful Summit 2018, presentando os seus proxectos no segundo Encontro Nacional de Innovación en Centros Comerciais e Retail que se celebrará en xullo de 2018.
Na cita de hoxe tamén se lembrou que Wonderful desenvólvese en Lugo grazas ao impulso de As Termas que, xunto co Concello de Lugo e outras entidades locais, colaboran no fomento da innovación na provincia. “Este tipo de iniciativas son clave para axudar ao desenvolvemento económico e social da nosa cidade e o das empresas ou emprendedores que están a innovar, xa que toda axuda é importante nos difíciles momentos iniciais”, sinalou Esteban Patiño.
Desde este 10 de abril e ata o 31 de maio os emprendedores ou empresas poderán participar, presentando os seus proxectos de negocio a través do portal www.proyectowonderful.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?