Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As expertas debateron en Ourense sobre como as TIC poden afectar ao dereito á intimidade dos traballadores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As expertas debateron en Ourense sobre como as TIC poden afectar ao dereito á intimidade dos traballadores

Redacción
Publicado: 11/04/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_ourense_traballadores.jpgHoxe pola mañá celebráronse na Facultade de Dereito do Campus de Ourense uns encontros que puxeron de relevo a importancia de protexer o noso dereito á privacidade e a información persoal das traballadoras e traballadores dunha empresa, por moito que vivamos nunha sociedade dixital onde todo tende a estar conectado e compartindo datos a tempo continuo. As Xornadas Dereito á Intimidade e Protección de Datos no Ámbito Laboral viñeron da man da dita facultade, o Consello Galego de Relacións Laborais e o Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense. Xuntaron unha manchea de profesionais dos eidos da xudicatura, a universidade e a inspección de traballo, e máis representantes das organizacións sindicais e empresariais máis sobranceiras en Galicia co obxectivo de analizar o estado actual da protección da información persoal dos equipos de traballo e os inminentes cambios normativos.
O encontro foi inaugurado polas responsables das devanditas entidades, Marta Fernández, Verónica Martínez e Susana Soneira, respectivamente. Segundo sinalaron, a decisión de abordar esta cuestión débese á importancia que recobrou nos últimos anos, polo espallamento dos medios dixitais, a cuestión do tratamento, límites e ámbito da intimidade na relación laboral.
Segundo se lembrou nas xornadas, o artigo 4.2.e) do Estatuto dos Traballadores e Traballadoras dispón que na relación de traballo, os traballadores e traballadoras teñen dereito ao respecto da súa intimidade e á consideración debida á súa dignidade. Ademais, o artigo 20.3 desta norma establece que o empresario ou empresaria poderá adoptar as medidas que estime máis oportunas de vixilancia e control para verificar o cumprimento polo traballador ou traballadora das súas obrigas e deberes laborais, gardando na súa adopción e aplicación a consideración debida á súa dignidade.
Yolanda Maneiro, profesora da Universidade de Santiago de Compostela encargada de arrancar a quenda de intervencións, salientou que o impacto das novas tecnoloxías “pon en xaque” dereitos fundamentais do traballador e traballadora como son a intimidade e a protección de datos. “O límite do control do empresariado estarían”, apuntou recorrendo ao sinalado polo Tribunal de Dereitos Humanos da UE, “no principio de proporcionalidade, no requisito de necesidade e na idoneidade da medida de control, entre outros aspectos”.
Durante a xornada tamén se afondou no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril de 2016, Regulamento Xeral de Protección de Datos, que entra en vigor o vindeiro 25 de maio e que segundo se destacou na xornada “vai cambiar o panorama da protección de datos para as empresas, que deberán ser máis dilixentes no axeitado” tratamento de datos persoais. Segundo se fixo saber, “no ámbito da relación laboral vai desenvolver efectos importantes, posto que introduce novidades en relación co reforzo do consentimento, un máis esixente deber de información, a obriga de notificar os fallos de seguridade ou un encarecemento das sancións polo incumprimento, que van depender do volume de facturación da empresa”, detallaron desde a organización da xornada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?