Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Mar habilitará nos peiraos nove novos caixeiros TICpesc
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Mar habilitará nos peiraos nove novos caixeiros TICpesc

Redacción
Publicado: 11/04/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

conselleria_mar_rosa_quintana.jpgA Consellería do Mar ten o obxectivo de afianzar os peiraos galegos na Administración Electrónica. Con este motivo, está a instalar nos portos uns dispositivos tecnolóxicos, os caixeiros TICpesc, cos que posibilitar o pleno acceso dos traballadores do mar ás ferramentas de comunicación e interacción dixital coas administracións (que facilitan o quefacer dos usuarios ao ceibalos de ter que desprazarase ás oficinas da Xunta para faceren as súas xestións). A día de hoxe xa están instalados 58 destes dispositivos. Porén, segundo avanzou hoxe no pleno do Parlamento a conselleira do Mar, Rosa Quintana, instalaranse nove caixeiros máis nos peiraos galegos.
A titular de Mar explicou que “esta ampliación do número de caixeiros telemáticos realízase dada a súa boa acollida” e dadas as vantaxes importantes que están a poñer en xogo, por exemplo evitando (ata o de agora) case 280.000 desprazamentos dos profesionais do mar ás confrarías e ás dependencias da Administración.
Ademais, Rosa Quintana tamén avanzou que “está previsto mellorar e actualizar o software de 30 dos caixeiros xa instalados, coa finalidade de mellorar a súa operatividade”. Ademais, engadiu, “prevese instalar en determinados terminais un sistema de pesaxe para aportar funcionalidade e axilidade, permitindo que se poidan pesar os produtos da pesca e do marisqueo no mesmo momento no que se realiza o desembarque das capturas”.
A conselleira aproveitou para resaltar a importancia que ten a trazabilidade dos produtos do mar. De aí, explicou, que se considerase a necesidade de ampliar a rede de terminais para que os profesionais poidan estar atendidos as 24 horas do día dos 365 días do ano sen depender dos horarios das oficinas das confrarías, das lonxas ou doutras entidades.
Rosa Quintana fixo un balance “sumamente positivo” da evolución en materia de rastrexabilidade e comercialización dende a activación dos caixeiros TICpesc e da aplicación web pescadegalicia.gal, a través da que se pode acceder a rexistros administrativos como os dos buques, os dos permisos de explotación do marisqueo a pé ou o das descargas e primeiras vendas de produtos do mar frescos, entre outros. Deste xeito, informou que en 2017 emitíronse máis de catro millóns de notas de venda e que os documentos expedidos polo sector medraron nun 42% na última década, ata acadar a cifra dos 314.000.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?