Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha unha comunidade formada arredor das máquinas virtuais Java, CoruñaJUG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha unha comunidade formada arredor das máquinas virtuais Java, CoruñaJUG

Redacción
Publicado: 16/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

coruna_jug-2.jpgA nosa terra conta cunha nova comunidade técnica que ten como obxectivo facer colaboración e xuntar forzas arredor das linguaxes que se executan na JVM, as siglas que en inglés designan á Máquina Virtual de Java, que engloba linguaxes como Java, Groovy, Scala ou Kotlin, entre outros, e que teñen a característica común de impulsar aplicacións avanzadas que simulan ser unha computadora (co seu conxunto propio de instrucións, o seu manexo de memoria de seu, o seu propio hardware).
Entre as vantaxes principais do concepto JVM figuran a carrexabilidade do software, meirandes facilidades no manexo de programas, creación e dispoñibilidade de grandes e completas librarías, etc.
A nova comunidade técnica chámase CoruñaJUG e busca compartir experiencias e coñecemento arredor de JVM. Ten o apoio do Concello a través de Coruña Dixital, que facilitar que os integrantes do colectivo dispoñan do espazo Accede Papagaio para as súas actividades.
Estas actividades, nun principio, serán citas con periodicidade mensual a xeito de meetups, a celebrar o terceiro mércores de cada mes. As xuntanzas ábrense este 18 de abril cunha primeira sesión dedicada a Elastic stack: desde obtención e datos ata visualización e análise. Ademais, este mes tamén hai prevista unha segunda sesión, neste caso virtual, o día 28, que tamén conta xa co seu meetup.
Segundo lembran dende Coruña Dixital, CoruñaJUG dispón dun slack ao que podemos acceder en liña, así como unha páxina en Meetup e unha conta no Twitter dende a que podemos estar a tanto das súas actividades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?