Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os empregados da Administración galega recibirán formación avanzada en protección de datos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os empregados da Administración galega recibirán formación avanzada en protección de datos

Redacción
Publicado: 16/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

amtega_computadores_formacion.jpgO Goberno galego, a través tres departamentos (a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Vicepresidencia, a EGAP e a Consellería de Presidencia) vén de pór en marcha un programa de formación para dotar de recursos e capacitación TIC aos empregaa, facendo fincapé en cuestións relacionadas coa privacidade e a protección dos datos. Segundo fixo saber o Executivo, esta liña de actualización e fortalecemento dos coñecementos dixitais é o complemento formativo do proceso de dixitalización do que está a ser obxecto a Xunta.
O plan, explicou AMTEGA, brindará este ano máis de 1.200 horas de formación en 55 cursos presenciais e en liña. Os temas a tratar serán múltiples e variados, aínda todos serán (en boa medida) diferentes facianas dun proceso común: o proceso de dixitalización.
Deste xeito, formarase aos empregados públicos en cuestións como a tramitación electrónica integral, as optimizacións dos rexistros ou o uso dos novos sistemas de información como os de notificación electrónica, o de rexistro único ou a plataforma Pasaxe!, entre outros.
Segundo explica AMTEGA, estas achegas formativas tamén responden a un desafío concreto: a necesidade de actualizar os nosos coñecementos sobre os detalles que pon en xogo a entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos, o vindeiro 25 de maio. Este novo marco legal “implica un importante impacto nas administracións públicas, polo que parte da formación do Plan está orientada a formar e divulgar as novidades desta normativa”, informa AMTEGA.
A Vicepresidencia, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento deste Plan durante 2018. En virtude deste acordo a axencia facilitará os perfís docentes e o material didáctico desta oferta formativa e a EGAP, pola súa banda, publicará no DOG e na súa web as diferentes convocatorias de cursos e actividades e os prazos de matrícula correspondentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?