Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Porto e a Universidade de Vigo queren fortalecer o sector do mar con novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Porto e a Universidade de Vigo queren fortalecer o sector do mar con novas tecnoloxías

Redacción
Publicado: 17/04/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_porto_de_vigo_universidade.jpgLevar as novas tecnoloxías e as súas vantaxes ao ámbito do mar, e facelo con todas as consecuencias, procurando que o sector da pesca sexa máis rendible, sustentable e eficiente grazas ao afianzamento no seu seo da Industria 4.0. Este é o gran obxectivo do proxecto presentando onte pola Autoridade Portuaria de Vigo, unha iniciativa de formación para as/os profesionais do mar que abrangue obradoiros de capacitación e actualización ante os importantes cambios sociais, ambientais, tecnolóxicos e industriais que se aveciñan. Nesta iniciativa, o Porto de Vigo conta co apoio da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o Campus do Mar (UVigo), Campus de Excelencia Internacional del Mar (Andalucía) e a Autoridade Portuaria de Huelva, xa que as accións se dirixirán a ambas comunidades autónomas. A idea, segundo fixeron saber estas entidades, é apostar polas novas ferramentas para ser máis competitivos.
Na presentación oficial participaron o presidente da APV, Enrique López Veiga; o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta, Susana Rodríguez, e a directora da Autoridade Portuaria, Beatriz Colunga. O responsable do Porto explicou que a finalidade desta iniciativa é dar resposta ás “principais necesidades” trasladadas polos axentes, principalmente referidas ás Industria 4.0 e as TIC. E engadiu: “Buscamos proporcionar unha oferta formativa de calidade para actualizar os coñecementos do persoal, porque debemos asumir que temos que perder prácticas antigas que xa non se axustan á comercialización moderna”.
O reitor da Universidade, Salustiano Mato, apuntou á formación como “a mellor forma de visualizar que a perda dos traballos que coñecemos pola incidencia das novas tecnoloxías nos anima a ser capaces de anticipar os traballos que veñen”. Mato destacou tamén a importancia da alianza entre o Campus do Mar e o Porto de Vigo que permitiu crear “un ecosistema de innovación que achega contido á estratexia de crecemento azul que abriu un camiño con grandes posibilidades para fabricar futuro”.
Segundo engadiron, as accións formativas serán de balde e desenvolveranse ao longo de 2018 e grazas a elas máis de 165 persoas recibirán formación especializada e máis de 250 asesoramento específico. O programa enfocarase a unha tripla perspectiva: por unha banda, promover a cualificación profesional; por outra, xerar emprego de calidade e unha terceira, potenciar a competitividade da economía marítimo-portuaria dende a sustentabilidade social e ambiental.
O primeiro curso, centrado na Industria 4.0, arrancará o vindeiro 2 de maio e está dirixido a persoal directivo e mandos intermedios con competencias para a toma de decisións e ligados ao sector portuario e pesqueiro. A docencia estenderase ao longo dos meses de maio e xuño co obxectivo de dotar ás persoas participantes de coñecementos, habilidades e ferramentas prácticas baseadas na incorporación das novas tecnoloxías, para a adaptación dos procesos industriais e operativos aos cambios tecnolóxicos, ambientais e normativos. O prazo de inscrición no curso está aberto, o número de prazas é limitado e a matrícula, de balde.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?