Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aerocamaras forma en pilotaxe de drons a profesionais das emerxencias de toda España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aerocamaras forma en pilotaxe de drons a profesionais das emerxencias de toda España

Redacción
Publicado: 18/04/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Desenvolvemento do Curso de Piloto de Drons en Emerxencias de Aerocamaras
Desenvolvemento do Curso de Piloto de Drons en Emerxencias de Aerocamaras
A firma galega Aerocamaras vén de dar un novo paso en calidade innovadora e formativa, máis polo miúdo no ámbito do adestramento para pilotos de drons. Desta volta, a empresa ourensá organizou na provincia a terceira convocatoria do Curso Oficial de Piloto de Drons en Situacións de Emerxencias, que segundo nos confirman fontes de Aerocamaras, sería a primeira formación homologada deste tipo en todo o ámbito estatal. Entre os obxectivos deste curso (que tivo esta semana a seu parte presencial en varios puntos da provincia de Ourense) está o seguinte: adquirir os coñecementos e maila capacidade precisa para apoiar aos equipos intervenientes de cara á visualización remota de espazos afectados, transporte de material e outras accións de apoio aéreo.
A formación de Aerocamaras está destinada a persoal profesional ou voluntario dos servizos de prevención, extinción de incendios e salvamento que traballan en situacións de emerxencias de todo tipo.
Na súa convocatoria de estrea, a empresa galega formou por primeira vez un consorcio de bombeiros de España na pilotaxe de vehículos aéreos en situacións críticas, sendo o de Ourense o primeiro en obter o título homologado pola Academia Galega de Seguridade Pública (Xunta de Galicia) á vez que acadou o certificado oficial da Axencia Estatal de Seguridade Aérea para ser Piloto Profesional de Drons (a finais de outubro). Nesta terceira convocatoria a compañía está a formar a persoal do ámbito das emerxencias como son bombeiros, membros de Protección Civil, Salvamento e Forestais de toda España.
Segundo explica Aerocamaras, para o desenvolvemento desta actividade de adestramento específico é preciso ser piloto profesional de drones, polo que este curso tamén contempla esta acción formativa para aquelas persoas que non posúan esta certificación da Axencia Estatal de Seguridade Aérea.
O curso acadará a súa cuarta edición o vindeiro 4 de xuño, intre no que arrincará a parte en liña. A vertente presencial será entre o 16 e o 20 do mes de xullo.
drones-emergencias-aerocamaras-1o_convocatoria.jpgDurante a parte presencial desta semana contempláronse prácticas con equipamento específico en tres localizacións diferentes: o Pazo de Vilamarín, Celanova e o Encoro das Cunchas, en Muíños. Neste tres localizacións o alumnado desenvolveu prácticas con aeronaves non tripuladas en situacións como incendios urbanos, rescate en zonas de difícil acceso, localización de persoas, rescate acuático, accidentes con mercadorías perigosas, aeronaves como repetidor de comunicacións ou envío de material de rescate en situacións de risco e críticas.
As persoas interesadas en inscribirse nos cursos poden porse en contacto con Aerocamaras a través do 986 18 18 18, www.cursodronesemergencias.com, www.cursodedrones.es ou a través da conta de correo info@aerocamaras.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?