Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Contact mostrou ás empresas ourensás o que poden facer coas súas webs e blogs para gañar competitividade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Contact mostrou ás empresas ourensás o que poden facer coas súas webs e blogs para gañar competitividade

Redacción
Publicado: 19/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

contact_comunicacion_charla_tecnopole_cesar_gonzalez.jpgEste mércores 18 de abril celebrouse na Tecnópole de Ourense unha charla sobre as vantaxes da dixitalización para as empresas e sobre os pasos a seguir para conseguila plenamente. O encontro, dirixido a empresarias/os da Tecnópole e do Polígono de San Cibrao das Viñas, consistiu nun almorzo tecnolóxico con César González, director executivo (CEO) de Contact Comunicación, empresa local responsable de importantes e innovadores desenvolvementos tecnolóxicos. Segundo fixo saber, a dixitalización non debe ser exclusiva das grandes empresas: é un proceso decisivo para que as PEME non perdan competitividade nin capacidade para captar e en manter clientes na evolución continua do mercado.
O CEO de Contact Comunicación mostrou as metodoloxías que se deben abordar para que o proceso sexa efectivo, o que inclúe “un enfoque transversal” que debe abranguer todos os departamentos da empresa. “O máis importante é a páxina web corporativa, o referente principal a nivel de imaxe de calquera empresa na actualidade, e é esencial que se contemple como o epicentro de calquera estratexia comercial”, sinalou, poñendo o foco tamén na importancia dos blogs, que “teñen que empregarse para compartir coñecemento tendo en conta o perfil do noso lector e respectando un ritmo de actualización coherente cos nosos obxectivos”. Na súa opinión, “un blog que non se actualiza desde hai ano e medio significa que a empresa está morta”, afirmou.
Polo que se refire a as redes sociais, recomendou non só publicar, senón interactuar “para formar parte do ecosistema”, e utilizar imaxes, ou mesmo mellor vídeos, sempre que sexa posible. González tamén fixo fincapé na importancia de segmentar de maneira axeitada tanto no que se refire ás bases de datos como á mercadotecnia por correo electrónico. Por outra banda, incluíu o posicionamento (SEO) e a mercadotecnia (SEM) en buscadores como “un reforzo xa case indispensable da estratexia dixital aínda nas empresas máis pequenas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?