Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un centenar de investidores e usuarios potenciais das nosas tecnoloxías danse cita na xornada do Clúster TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un centenar de investidores e usuarios potenciais das nosas tecnoloxías danse cita na xornada do Clúster TIC

Redacción
Publicado: 19/04/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Antonio Rodríguez del Corral na Xornada Tecnolóxica do Cluster TIC Galicia
Antonio Rodríguez del Corral na Xornada Tecnolóxica do Cluster TIC Galicia
Hoxe en Santiago falouse, moito ben, de novas tecnoloxías galegas para marcar un antes e un despois no devir da tecnoloxía. Ou sexa, de recursos innovadores con nomes concretos, feitos aquí, para facernos o traballo máis doado, estarmos máis comunicados ou mellorar nosa actividade empresarial. Estamos a falar da nova xornada tecnolóxica organizada polo Clúster TIC Galicia en colaboración co IGAPE, que xuntou na Cidade da Cultura un centenar de investidores e usuarios potenciais, por unha banda, e media ducia de empresas mostrando os seus achados innovadores, pola outra.
Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria
Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria
O acto contou coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen sinalou que “as empresas participantes na xornada de hoxe son a mostra de que a revolución tecnolóxica xa chegou á industria galega”. Segundo lembrou a nosa terra é quinta Comunidade en número de empresas TIC. Pola súa banda, Antonio Rodríguez, presidente do Cluster TIC Galicia, puxo o foco no gran potencial do sector TIC galego, “cunha manchea de empresas con produtos innovadores dixitais listos para comercializarse a nivel mundial”.
Sergio Hernández, director de Operacións da empresa viguesa Xesol Innovation
Sergio Hernández, director de Operacións da empresa viguesa Xesol Innovation
O encargado de abrir a rolda de presentación foi o director de Operacións da empresa viguesa Xesol Innovation, Sergio Hernández, que deu a coñecer Xesol Drive, un software avanzado de condución autónoma dotado con intelixencia artificial que identifica, rastrexa e predí as traxectorias de automóbiles, recoñece as sinais de tráfico, a posición do carril e o tipo de calzada, optimizando a experiencia do usuario e a seguridade durante un desprazamento por estrada. Hernández tamén aproveitou a ocasión para presentar un programa que é quen de detectar a fatiga e as distraccións do condutor, un sistema que sairá á venda en datas vindeiras.
Tras a súa intervención, o director executivo (CEO) da empresa de software Tecalis, Isidoro Martínez, un dos seus co-fundadores, Alberto Campos, e a súa directora de Desenvolvemento Corporativo, Berta Caro, debullaron o seu caso de éxito á hora de garantir cunha aplicación propia unha meirande seguridade nas sinaturas electrónicas empresariais, a través de tecnoloxía blockchain. Segundo lembraron no acto da Cidade da Cultura, Tecalis é responsable da plataforma Signen, unha tecnoloxía de seu que permite asinar acordos entre dúas ou máis persoas a través de diferentes xeitos, algúns deles tan innovadores como os formatos de audio ou de vídeo.
Gregory Botanes, director xeral de Situm
Gregory Botanes, director xeral de Situm
O sector audiovisual veu representado por Cinfo, que mostrou a súa innovadora tecnoloxía multicámara na nube, que permite ao espectador seleccionar as imaxes que desexa ver durante a retransmisión dun evento, xa sexa deportivo, cultural, etc. Asemade, Councilbox afondou no seu sistema para achegar seguridade xurídica a xuntanzas virtuais ou presenciais, como consellos de administración ou xuntas de accionistas, de forma automatizada.
Durante o evento déronse a coñecer tamén novas fórmulas para xestionar os procesos empresariais, como o sistema de xestión para a industria alimentaria de AVA, a tecnoloxía de intelixencia nos negocios de Ozona, a de xeolocalización en interiores de Situm e a plataforma de gamificación Dogoplay de Cleventy.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?