Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os drons e as misións Sentinel centran o programa do Atlantic Geospatial Day en Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os drons e as misións Sentinel centran o programa do Atlantic Geospatial Day en Pontevedra

Redacción
Publicado: 20/04/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

popgeospatial1.jpgFacer comunidade arredor da tecnoloxía xeoespacial. Este é un dos grandes obxectivos do Atlantic Geospatial Day, unha iniciativa impulsada polo mestrado en Xeoinformática, e que tras celebrar as súas dúas primeiras edicións na EE de Telecomunicación, trasládase o vindeiro 27 de abril á Escola de Enxeñaría Forestal, no Campus de Pontevedra. Trala convocatoria atópase o profesor da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía Higinio González, coordinador do máster interuniversitario que imparten as universidades de Vigo e A Coruña e dunha xornada que abordará as misións Sentinel da Axencia Espacial Europea (ESA), o uso de tecnoloxías LiDAR no sector forestal e as aplicacións dos vehículos aéreos non tripulados na xestión do territorio.
Amais dun recurso formativo extra para o alumnado, tanto do mestrado como da dita Escola de Enxeñaría Forestal, a cita Atlantic Geospatial Day será tamén unha xornada dirixida “a investigadores e profesionais do sector, como a empresas e consultorías que traballan no eido forestal, na ordenación do territorio ou na enxeñaría civil ou incluso de informática”, engade González deste evento de balde, engadindo que o obxectivo central destas xornadas é incidir na “ampla variedade de ramas de coñecemento” que abranguen un conxunto de tecnoloxías “que se basean no posicionamento” e que comprenden desde o desenvolvemento de satélites e sensores para a adquisición de imaxes ao uso de navigadores con GPS, pasando polo tratamento e xestión dos datos en sistemas de información espacial. Tecnoloxías que, como engade o coordinador das xornadas, teñen múltiples aplicacións vinculadas ao territorio e a un sector, o forestal.
A primeira conferencia correrá a cargo do investigador da Universidad Politécnica de Valencia Luis Ángel Ruíz e centrarase na análise da estrutura forestal mediante a tecnoloxía LiDAR (Light Detection and Ranging), “un sistema que nos permite ver a xeometría das masas forestais”; mentres que a segunda achegará á EE Forestal a Helena Iglesias, do European Space Operations Centre (ESA/ESOC).
Presentar as misións realizadas pola axencia europea no marco do programa Copérnico é o obxectivo central dun relatorio que abordará a misión dos satélites Sentinel “adicados á observación da terra con fins medioambientais”, como explica González, engadindo que se trata de aparellos que poden achegar “unha información importante do territorio”, como tamén pode facer, a unha escala máis reducida pero con maior definición, vehículos aéreos non tripulados como os drons, eixo da conferencia de Federico Cheda, da empresa 3eData, quen falará de casos prácticos de integración de datos multiplataforma na xestión do territorio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?