Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Principia unha nova promoción de dominios .gal co gallo do Día do Libro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Principia unha nova promoción de dominios .gal co gallo do Día do Libro

Redacción
Publicado: 20/04/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20180420_puntogal.jpgPuntoGal, o dominio galego en internet, presentou hoxe en Ferrol unha campaña especial para celebrar o Día do Libro en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Federación de Librarías de Galicia e o IES de Leixa. Cinco alumnos deste centro educativo deseñaron e asinan cinco orixinais marcadores onde animan a ler. Para axudar neste empeño, cada marcapáxinas inclúe un código que rebaixa o prezo dun dominio .gal a tan só 15 € + IVE. PuntoGal distribuirá arredor de 12.000 destes deseños nas feiras do libro e nas librarías galegas.
Arredor de vinte estudiantes do IES fixeron as súas propostas para animar á lectura, dos que PuntoGal seleccionou cinco modelos finalistas. As 12.000 copias que se distribuirán en todas as feiras do libro de Galicia e en case duascentas librarías por todo o país incorporan, en forma de código, a posibilidade de obter un dominio .gal por só 15€. Desta maneira, únese nunha mesma acción a lectura e internet , fórmula elixida polos organizadores para celebrar este Día do Libro. Ata fin de existencias, os compradores recibirán un marcapáxinas con cada exemplar adquirido nos establecementos sumados á iniciativa.
A promoción comeza o 23 de abril e estará activa ata o 31 de agosto. Os códigos poden validarse en calquera das dúas empresas rexistradoras que participan: Dinahosting e CDmon. Toda a información pódese atopar na web do dominio .gal.
No acto de presentación, celebrado no IES Leixa, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, sinalou que «unir o libro e os dominios .gal de Internet é xuntar nun mesmo proxecto dous dos axentes máis importantes da cultura galega e en galego, un de tan longa tradición como prometedor futuro e outro que representa a innovación e a extensión da nosa lingua aos novos espazos de comunicación xurdidos nas últimas décadas».
marcapaxinas_puntogal.jpgO director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro, enmarcou esta iniciativa na aposta da entidade por «involucrarse de maneira decidida en actividades relacionadas coa lingua, a cultura e a tecnoloxía en Galicia, as tres almas do dominio». Dese plan forman parte iniciativas como «o recente e moi exitoso concurso de relatos en colaboración coa Real Academia Galega ou a participación en Culturgal», á que agora se suma «un proxecto no que axudamos a divulgar a creatividade dos estudantes dun centro público animando a practicar unha das mellores actividades que calquera de nós pode facer: ler un libro». Janeiro, quen remarcou que o número de dominios rexistrados xa superou os 4.800, fixo fincapé na oferta asociada aos marcapáxinas que «permite ter un dominio .gal a un prezo moi atractivo». Finalmente, o director xeral do dominio felicitou ós autores dos marcapáxinas, finalistas e presentados, pola calidade dos traballos, «onde xa se pode apreciar unha combinación prometedora de creatividade e técnicas profesionais».
O vicepresidente da Federación de Librarías tamén participou nesta presentación na que a directora do IES Leixa fixo de anfitriona do acto.
Os cinco marcapáxinas seleccionados, que poden descargase xunto co resto dos presentados polos estudantes na web de PuntoGal, son da autoría de Julio Santiso Barreiro, Aida Bao Estévez, Tamara Álvarez Castro, Natalia Romero Díaz e Borja Rey Estévez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?