Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña convoca axudas para dixitalizar o rural e o mar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña convoca axudas para dixitalizar o rural e o mar

Redacción
Publicado: 23/04/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

confrarias_pescadores_coruna.jpgA Deputación da Coruña vai apoiar a dixitalización e modernización das entidades e comunidades económicas da provincia, poñendo o foco nas ligadas aos sectores que constitúen a base do tecido económico: os sectores do agro e o mar. En total, destinaranse 1,7 millóns a apoiar ás asociacións agrarias e labregas e ás entidades sen ánimo de lucro da provincia que desenvolvan accións de promoción económica. Ao abeiro desta liña de subvencións e investimentos inclúense actividades de asesoramento e formación innovadora ou de fomento do emprego de novas tecnoloxías da información (compra de material e programas, implantación de Internet e aplicacións, etc).
As axudas, cuxo prazo para solicitalas remata o 21 de maio ás 14.00 horas, pediranse de forma telémática a través da plataforma Subtel. As liñas abertas suman un orzamento de 1.250.000 euros, aos que cómpre engadir outros 482.000 que a Deputación destina en 2018 para apoiar ás confrarías de pescadores. O deputado responsable da área de Promoción Económica José Luís García, puxo de relevo a relevancia destas axudas por ir destinadas a apoiar á xente do mar e do campo “nunha provincia como a da Coruña, na que o sector primario é fundamental para o desenvolvemento da nosa economía”. O obxectivo, engadiu, é que estes incentivos “contribuirán a manter a actividade das entidades e a modernizar as súas infraestruturas, facéndoas máis competitivas”.
400.000 euros para apoiar a entidades agrarias
A área de Promoción Económica da Deputación da Coruña destina en 2018 un orzamento de 403.000 euros para apoiar ás entidades agrarias, labregas e forestais da provincia nas súas actividades e investimentos con dúas liñas de subvencións que contan con orzamentos de 285.000 € e 118.000 €, respectivamente.
Entre as actividades e investimentos susceptibles de ser subvencionadas pola Deputación, as bases inclúen as accións tendentes á recuperación e posta en valor dos produtos agrogandeiros locais, o asesoramento e formación para a realización de proxectos de investigación e innovación tecnolóxica ou mellora da calidade xenética, o fomento do uso das novas tecnoloxías e as enerxías renovables, ou os proxectos orientados ao aproveitamento forestal e á prevención de incendios.
Poderanse co-financiar actividades como construción de peches, acondicionamento de locais, adquisición de equipos e programas informáticos, accións de repoboación forestal, campañas de desbroce, implantación de novos cultivos ou proxectos de modernización de instalacións agropecuarias.
850.000 euros para a promoción económica da provincia
A segunda liña de axudas convocadas hoxe están destinadas ás entidades sen ánimo de lucro da provincia que desenvolvan accións de promoción económica e contan cun orzamento global de 850.000 euros, dos que 500.000 € destinaranse a investimentos e 350.000 € a actividades. O obxectivo é financiar accións tendentes ao desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e á hostalaría entre as que se contan a organización de eventos, actividades de dinamización e apoio do comercio local, etc.
No apartado de investimentos, as axudas estarán orientadas á reforma e mellora dos locais sociais da entidades, a implantación de Internet no rural, a adquisición de material informático e a outros equipamentos tecnolóxicos como os TPV para á adaptación ás obrigas de facturación, a mellora das instalacións eléctricas ou a creación e desenvolvemento de páxinas web e aplicacións para móbiles.
Preto de medio millón para as confrarías coruñesas
A Deputación destina tamén este ano 482.000 euros a apoiar ás confrarías de pescadores coruñesas mediante dúas liñas de subvencións que financian actividades e investimentos. As bases especifican que no apartado de actividades, os pósitos poden optar a axudas para a contratación de persoal, a adquisición de sementes de moluscos, o aluguer de maquinaria ou equipamentos precisos para o desenvolvemento das actividades de lonxas ou confrarías.
Na liña de investimentos, as confrarías e agrupacións de mariscadoras coruñesas poden optar a axudas provinciais para o equipamento e explotación do frío industrial en lonxas, a aplicación de novas técnicas que modernicen o proceso produtivo e a comercialización de produtos do mar, a modernización do equipamento das oficinas ou a adquisición de vehículos para mellorar a comercialización ou a vixilancia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?