Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GaliciaLe ábrese aos contidos audiovisuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GaliciaLe ábrese aos contidos audiovisuais

Redacción
Publicado: 23/04/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

jorge_mira_ereader.jpgA plataforma de préstamo de libros e revistas en formato electrónico GaliciaLe incorpora agora un catálogo audiovisual á súa oferta cunha proposta de 77 filmes, entre os que se poden atopar documentais, películas de animación e longametraxes de ficción. Comeza, deste xeito, unha nova etapa deste servizo bibliotecario da Consellería de Cultura e Educación, en colaboración coa AMTEGA, que tamén conta co apoio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do catálogo eBiblio.
Desde que o programa GaliciaLe se puxo en marcha, en outrubro de 2014, o número de usuarios incrementouse cada ano ata os 3.236 cos que pechou 2017. O número de préstamos para ese mesmo ano foi de 16.937. Actualmente, o número de títulos da plataforma é de 1.768, dos que 1.609 son libros electrónicos, 77 corresponden a filmes, 31 son revistas, 50 son audiolibros e hai tamén un libro interactivo.

Contidos
  • O catálogo audiovisual
  • Preto dun cento de títulos de libros electrónicos en galego

O catálogo audiovisual

galiciale_peliculas.jpgEntre as películas que pasan a estar dispoñibles na plataforma GaliciaLe atópase un amplo abano de posibilidades, desde De profundis a Sicixia ou A Esmorga, pasando por Mimosas, Todos vós sodes capitáns, Un bosque de música, A cicatriz branca, O club da calceta ou De bares, ata obras como Celso Emilio Ferreiro. O poeta da vida ou Aquel neno chamado Xosé Neira Vilas.
A nova andaina de GaliciaLe foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, coincidindo co Día do Libro. No acto, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, a directora da AMTEGA sinalou que «hai catro anos falabamos de GaliciaLe como unha peza máis da estratexia da Memoria Dixital de Galicia para universalizar o acceso á nosa cultura na rede e naquel momento avanzabamos un novo sistema de xestión de bibliotecas». Mar Pereira destacou que hoxe «ese sistema é unha realidade á que se están sumando as bibliotecas públicas municipais e axencias de lectura e que permite que os usuarios accedan cun carné único a todos os servizos das bibliotecas públicas integradas e á plataforma GaliciaLe».
20180423_mar_pereira_anxo_lorenzo.jpgMentres, Anxo Lorenzo afirmou que «GaliciaLe pretende facer accesible a cultura en calquera momento e lugar e complementar, deste xeito, a oferta de obras en formato físico das bibliotecas públicas galegas». Para o secretario xeral, os datos presentados «confirman que este é un servizo que se está a consolidar entre os usuarios das bibliotecas, tanto polo número de préstamos como polo de persoas que fan uso del». Finalmente, sinalou que GaliciaLe é «un proxecto vivo, que vai adaptándose ás necesidades do público, ao incorporar aos libros electrónicos outros formatos como as películas e as revistas».
Na rolda de prensa tamén interviron a xerente da Asociación Galega de Produtoras Independentes, Uxía Caride; e o vogal da Asociación Galega de Editoras Xulio Amigo. Tamén asistiron á rolda de prensa a subdirectora xeral de Bibliotecas, Cristina Rubal; e a directora da Área de Modernización das Administracións Públicas, María José García Sexto.

Preto dun cento de títulos de libros electrónicos en galego

galiciale_banner.jpgNos últimos seis meses tamén se incorporaron á colección de GaliciaLe un total de 95 títulos de libros electrónicos en galego, como Rosa tántrica, de Luz Pozo Garza; A burra Ramona, de Paula Carballeira; Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz; As cousas que non queremos oír, de María Reimóndez; Illa soidade, de An Alfaya; Denébola a Roxa, de Héctor Cajaraville; ou Fume, de Antón Fortes.
A Consellería de Cultura e Educación adquiriulles as obras do catálogo galego a nove editoriais galegas (Alvarellos Editora, Baía Edicións, Ediciones del Viento, Edicións Xerais, Editorial Galaxia, Hércules de Ediciones, Laiovento, Netbiblo e OQO editora), que se completan con obras cedidas mediante convenio polo Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela. Nas vindeiras semanas a oferta completarase con outros 44 títulos de títulos electrónicos e tamén revistas en galego.
A estas editoriais engádense agora, coa incorporación do catálogo audiovisual, 24 produtoras galegas: Abano, Agallas, Arraianos, Adivina Producciones, Amanita, Alicia Veira Ramos, Ces Media, Cinebinario, Ficción Producciones, Film Arante, Frida Films, Madeleine Producciones, Marcos Nine Búa, Matriuska, Miolos Filmes, Nós Produtora Galega, Noveolas Producciones, Numax, Pórtico, Portocabo, Vaca Films, Vía Láctea, Xamalú Filmes e mais Zeitun Films.


Vídeo promocional de GaliciaLe no que participan a actriz María Mera, o catedrático de Física Jorge Mira, o escritor e editor Francisco Castro, o booktouber Sebas García Mouret e a cantante de Mamá Cabra, Gloria Roel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?