Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vilagarcía impulsa unha nova edición de APPtualízate, o obradoiro TIC para a mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vilagarcía impulsa unha nova edición de APPtualízate, o obradoiro TIC para a mocidade

Redacción
Publicado: 23/04/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

vilagarcia_apptualizate.jpgXuventude do Concello de Vilagarcía vén de pór en marcha a segunda edición de APPtualízate, un obradoiro sobre as máis novas e innovadoras tecnoloxías dixitais no que se poderán formar 20 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Segundo informa o Concello, trátase dunha nova acción de formación non regrada concibida para mellorar as competencias laborais e a empregabilidade do alumnado. O curso consta de 25 horas lectivas que se impartirán do 2 ao 10 de maio na aula CEMIT do Centro de Formación Permanente de Matosinhos. A participación é de balde, e o prazo de inscrición (que se pode facer en liña a través de Google Docs) remata o 26 de abril.
A organización do obradoiro engade que este está deseñado como un curso introdutorio na temática das novas tecnoloxías e no manexo de ferramentas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación). Os contidos específicos a abordar abranguen o eido de posta en marcha dunha iniciativa empresarial, as aplicación móbiles, a programación, a robótica ou o GPS.
No primeiro bloque, o alumnado adquirirá coñecementos sobre como cear unha empresa de alicerce tecnolóxico, como solucionar problemas con estas ferramentas e como xestionar proxectos tecnolóxicos áxiles.
No apartado de aplicacións móbiles (apps), o alumnado recibirá formación sobre o deseño e prototipado de aplicación e ferramentas inventoras.
No terceiro bloque, os participantes traballarán a programación en código, a programación de videoxogos e a realidade aumentada virtual.
No eido da robótica o curso abordará a conexión de código e cables para construír robots e a tecnoloxía 3D aplicada a procesos de modelado, escaneado e impresión.
No último bloque, o destinado á ferramenta GPS, traballarase sobre o desenvolvemento de ferramentas móbiles co dito sistema de localización por satélite, o geocatching e o uso e posibilidades dos drons.
A Concellería de Xuventude programa por segundo ano consecutivo esta actividade formativa que terá continuidade no mes de xullo co campamento tecnolóxico de Verán. Ambas iniciativas están integradas no mesmo programa, contan con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra a través do plan Concellos 2018 e serán impartidos pola Asociación O Núcleo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?