O servizo de correo electrónico de Google, Gmail, está a experimentar o seu meirande cambio en varios anos, cunha renovación moi evidente a nivel estético que aprovéitase para introducir novas funcións, facendo que esta ferramenta de produtividade sexa máis útil e práctica que nunca. Este novo deseño é polo momento opcional, ou sexa, que se prememos no botón de configuración da páxina web de Gmail teremos a opción de probar o novo deseño, para así ir afacéndonos á súa interface moderna. Será posible seguir a mesma mecánica para volver ao deseño anterior se non estamos cómodos cos cambios introducidos.
Unha das novidades que temos agora en Gmail é a de adiar mensaxes, ou sexa, que cando recibamos unha comunicación nun momento que no podamos atendela, podemos premer na icona dun reloxo que aparece na nosa caixa de correo e así definir cando queremos que a mensaxe volva para que poidamos respondela axeitadamente.
Tamén poderemos definir a densidade de visualización de Gmail, contando nun dos seus modos coa posibilidade de acceder aos documentos adxuntos dunha mensaxe sen ter que entrar na mesma, o que agradecerán algúns usuarios.
O novo Gmail incluirá recordatorios rápidos do temas que temos pendentes e tamén está a incorporar as respostas intelixentes, de xeito que axudará a que respondamos ás nosas mensaxes dun xeito máis áxil.
A seguridade tamén mellorará, e así recibiremos alertas apareza unha mensaxe de correo electrónico que poida carrexar algún risco.
Un detalle que tamén resulta moi de agradecer e o novo modo confidencial, que permite controlar como se reenvía, copia, descarga ou imprime a nosa mensaxe, o que é de grande utilidade para cando remitamos información sensible por correo electrónico. Tamén pódese facer que unha mensaxe caduque pasado un tempo establecido, para que así teñamos un maior control da información.
Gmail estrea nova versión web
Compartir Este Artigo
