Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Ágora estrea aplicación móbil para romper barreiras de accesibilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Ágora estrea aplicación móbil para romper barreiras de accesibilidade

Redacción
Publicado: 25/04/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

centro_agora_aplicacion_accesibilidade.jpgO Concello da Coruña e a Asociación Pro Persoas Con Discapacidade Intelectual de Galicia (ASPRONAGA) veñen de implantar no Centro Ágora un proxecto piloto que ten como finalidade favorecer o desenvolvemento da autonomía das persoas con diversidade cognitiva ao abeiro do equipamento municipal. O proxecto piloto pon en xogo unha aplicación móbil, a través da cal as persoas usuarias terán acceso a recursos informativos que favorezan a súa independencia. O obxectivo último? Que poidan facer pleno uso das infraestruturas (espazos e servizos) que ofrece o devandito centro sociocultural, poñendo o foco na biblioteca e nos seus moitos recursos.
A iniciativa, posta en marcha polo Servizo Municipal de Bibliotecas coa colaboración da entidade social ASPRONAGA, implicou a instalación de códigos QR na entrada do inmóbel e no mostrador. Segundo informa o Concello, os códigos “conteñen información sobre o acceso a servizos nos que a persoa pode estar interesada, como poden ser facerse socia, realizar un préstamo, dirixirse ao mostrador para realizar unha xestión ou ir ao baño”. E engade o Goberno local sobre o funcionamento da iniciativa. “Unha vez que se escanea o QR, este ofrece, a través dunha secuencia en imaxes, pequenos vídeos ou texto de lectura doada, os pasos precisos para tirar proveito do servizo sen necesidade de preguntar a outras persoas, o que favorece o desenvolvemento da autonomía das persoas con diversidade cognitiva”.
O Concello tamén lembra que a Biblioteca Municipal do Centro Ágora comezou a traballar na implantación da aplicación Mefacilyta (un proxecto da Fundación Vodafone que se desenvolveu coa colaboración de máis de 50 entidades sociais e do ámbito da saúde) hai máis dun ano. Este mes de abril, un grupo de usuarias de ASPRONAGA avaliou os distintos pasos recollidos nos desenvolvementos propostos polo persoal da biblioteca e validou o servizo como útil e comprensible.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?