Aínda que durante moitos anos era habitual ver como os usuarios de equipos de Apple optaban por produtos da compañía da mazá para a súa conectividade, este segmento de produtos leva bastante tempo descoidado, e finalmente confírmase que os AirPort Express, AirPort Extreme e AirPort Time Capsule, que facilitaban conexións sen fíos para domicilios pequenas oficinas e aulas, pasan a estar oficialmente descontinuados, ou sexa, que os routers de Apple manteranse á venda mentres queden unidades dispoñibles, sen que haxa sucesores á vista.
O adeus da familia AirPort non parece unha sorpresa, xa que estes produtos estaban claramente desactualizados, e aínda que manterán o seu soporte durante varios anos, non resulta nada recomendable a súa compra, e a propia Apple vende nas súas tendas sistemas Wi-Fi en malla de Linksys, polo que semella que mentres a compañía de Cupertino non poida facer algunha innovación destacable confiará en produtos doutros fabricantes.
Apple cesa a produción dos seus AirPort
Compartir Este Artigo
