Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC mostra ao Consello Social da UDC o seu importante labor en investigación e transferencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC mostra ao Consello Social da UDC o seu importante labor en investigación e transferencia

Redacción
Publicado: 27/04/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_consello_social_udc_xuntanza.jpgO Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña celebrou onte unha xornada de portas abertas cos integrantes do Consello Social da UDC. O obxectivo da xuntanza? Pois que os membros do consello tivesen oportunidade de coñecer de primeira man o traballo do devandito centro no ámbito das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), os proxectos levados a cabo polos seus investigadores e a súa aposta pola transferencia do coñecemento. En termos máis concretos, a comunidade do Consello Social puido dar conta (entre outras cousas) dos detalles de SmartDrones, proxecto para a creación de vehículos aéreos tripulados e intelixentes, impulsado pola firma Avansig, como lembraremos creada por investigadores ligados ao CITIC.
Na cita participaron o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde e o director do CITIC, Manuel F. Penedo, quen foron os encargados de recibir aos membros do Consello Social.
O reitor salientou o papel do CITIC “como centro de referencia da UDC que aposta pola transferencia do coñecemento e por terse convertido, grazas aos seus investigadores, non único centro de Galicia recoñecido como Centro Singular de Investigación”.
20180426_consello1_preview.jpgPola súa banda, o director de CITIC puxo o foco “na posta en marcha do CITIC como resposta ás demandas dos investigadores, un centro que hoxe en día conta con doce grupos de investigación, nove deles de máxima categoría”. Segundo indicou, esta ducia de grupos ten o nexo común de “fomentar fomentan a relación coas empresas” e de apostar pola liberdade e autonomía dos seus membros para o desenvolvemento e organización das súas actividades. Froito disto e do avanzado coñecemento das/os integrantes, explicou, “tivemos moitas experiencias de spin-off e a maioría delas con éxito”.
Pola súa parte, o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, sinalou que “a Universidade da Coruña ten grupos de investigación que se agrupan en centros como ou CITIC, estratéxicos para a UDC e moi competitivos”.
20180426_consello_preview.jpg Os membros do Consello Social realizaron unha visita guiada polas instalacións do CITIC, que incluíu a demostración dun voo autónomo dun dron, un aparello dos denominados SmartDrones, a liña de vehículos aéreos non tripulados e intelixentes desenvolvida por Avansing. Ademais, os integrantes do Consello puideron coñecer o traballo desenvolvido por diferentes centros de investigación, ademais do CITIC, e pertencentes á UDC. O coordinador do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da Universidade da Coruña (CITEEC), Juan Ramón Rabuñal, destacou o papel do centro no eido da enxeñaría civil: “Temos cinco grandes laboratorios para desenvolver modelos a escala de infraestruturas, e outros cinco máis pequenos”. Pola súa banda, o coordinador do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA), Jaime Rodríguez, sinalou que este departamento é o irmán pequeno dos centros tecnolóxicos, con cinco grupos de investigación biotecnológica, seis relacionados co medio ambiente e tres de ciencia de materiais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?