Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Forte presenza da banda larga móbil entre as empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Forte presenza da banda larga móbil entre as empresas galegas

Redacción
Publicado: 30/04/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

portatiles_confrontados.jpgO 58,4% das microempresas galegas con conexión a Internet posúe velocidades de contratación superiores aos 10 Mbps, 9,1 puntos máis que no ano anterior, tal e como recolle o informe A Sociedade da Información nas Empresas de Galicia, correspondente ao ano 2017, publicado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á AMTEGA. No caso das empresas galegas de 10 ou máis empregados, cabe salientar o aumento nas velocidades superiores aos 100 Mbps, que acadan xa unha porcentaxe do 25,6%, 3,3 puntos máis que no ano anterior.
O estudo analiza a integración das TIC no tecido empresarial galego, conformado por un total de 198.923 empresas; 1.385 máis que o ano anterior, das que o 96,3% teñen menos de 10 traballadores.

Contidos
  • Aumento da banda larga móbil e das velocidades de contratación de Internet
  • A visibilidade na estratexia empresarial e a publicidade en Internet
  • Á cabeza no uso da Administración electrónica
  • Política de seguridade

Aumento da banda larga móbil e das velocidades de contratación de Internet

A contratación de Internet está amplamente estendida nas empresas galegas, especialmente nas de máis de 10 traballadores onde acada o 98,5%. Nas microempresas, o 62,7% tamén posúen conexión a Internet contratada.
Increméntase o uso de banda larga a través de telefonía móbil. Nas empresas de máis de 10 traballadores, esta porcentaxe acada o 80,5% mentres que nas microempresas con conexión a Internet, a banda larga móbil sitúase no 69,2%.
Tamén cabe destacar que un 58,4% das microempresas con conexión a Internet posúe velocidades de contratación superiores aos 10 Mbps, 9,1 puntos máis que no ano anterior. No caso das grandes empresas, destaca o significativo aumento nas velocidades superiores ao 100 Mbps, que acadan xa o 25,6%, 3,3 puntos máis que no ano anterior.

A visibilidade na estratexia empresarial e a publicidade en Internet

Un 33,1% das microempresas con conexión a Internet están presente en redes sociais, e un 42,4% no caso das grandes empresas. A presenza en medios sociais durante o ano 2017 aumenta en 4,5 puntos porcentuais entre as microempresas galegas.
Un 8,5% das microempresas pagan por anunciarse en Internet, se ben esta porcentaxe chega case a triplicarse entre as empresas de máis de 10 traballadores con sede e/ou actividade en Galicia (un 23%).

Á cabeza no uso da Administración electrónica

Máis do 96% das empresas de 10 e máis asalariados interactuou coas Administracións Publicas a través de Internet. No caso das microempresas, a porcentaxe sitúase no 74,6%. Ambos tramos empresariais galegos superan a media do conxunto do estado na descarga de formularios e na presentación de impresos cumprimentados.
Con respecto ao comercio electrónico, un 20,5% das grandes empresas con sede e/ou actividade en Galicia venderon a través de Internet fronte ao 2,4% no caso das microempresas. En termos de evolución, o indicador experimenta estacionalidade respecto do ano 2016, tanto a nivel galego como no conxunto de España.

Política de seguridade

A seguridade é un tema vital importancia a nivel empresarial. Así, un 85,2% das empresas de 10 ou máis traballadores e o 39,6% das microempresas galegas dispón dalgún plan interno que defina a súa política neste ámbito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?