Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acolleu a presentación da innovadora aplicación deportiva Playtomic
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago acolleu a presentación da innovadora aplicación deportiva Playtomic

Redacción
Publicado: 30/04/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

hoxe_marketing_santiago_hoy_es_marketing.jpgO pasado 26 de abril celebrouse en Santiago unha xuntanza coas novas tendencias da mercadotecnia, a publicidade e a comunicación. A cita Hoxe é marketing desenvolveuse no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela e foi, ante todo unha ocasión axeitada para escoitarmos a algúns dos principais expertos do noso tempo en materia de dirección empresarial e novas tecnoloxías aplicadas ás vendas e á comunicación. O foro, organizado por ESIC e IESIDE, contou coa presenza (no ciclo de conferencias) de Pedro Clavería, director executivo de Playtomic, que expuxo a importancia da tecnoloxía como punto de inflexión en mercados tradicionais. Ou sexa, da súa importancia como elemento que marca un antes e un despois irreversible. Ademais, presentou as posibilidades da ferramenta móbil do mesmo nome.
Segundo fixo saber, sectores como o das reservas hostaleiras, os voos ou a restauración “foron transformados pola tecnoloxía”, e, malia que os produtos e servizos non mudaran, si que o fixo a distancia entre a oferta e a demanda, que foise esvaecendo. E engadiu: “A simplificación dos procesos supuxo un aumento exponencial das cifras de negocio; viaxamos máis, imos máis a restaurantes e os prezos son máis competitivos, e en todo este proceso España converteuse en pioneira na dixitalización dun sector tan estendido como o do deporte”. Porén, sinalou, aínda resta camiño por percorrer. De feito, dixo, “malia os avances tecnolóxicos, o 90% das reservas deportivas xestiónanse off-line”.
Para contribuír a reverter o devandito estado de cousas, explicou Pedro Clavería, emprendedores e investidores estatais fixeron realidade a posta en marcha de Playtomic, unha iniciativa que xorde coa intención de “fomentar a actividade deportiva simplificando o proceso á hora de realizar unha reserva”. O relator explicou que a través da súa aplicación e páxina web os usuarios poden reservar pistas de pádel e tenis “en tres simples pasos”, aínda que moi axiña ampliarase a súa oferta de deportes. O seu principal obxectivo é “converterse na ferramenta definitiva para facilitar e incrementar a práctica do deporte”. A aplicación permite reservar unha instalación deportiva “en só tres clics” e, seleccionando a zona e a hora á que se quere xogar, a ferramenta mostra as pistas dispoñibles coas mesmas condicións e prezo do club. “A reserva e o pago realízanse desde o móbil ou a web de forma inmediata e segura; permitindo posteriormente ao usuario a xestión da seu reserva en tempo real”, explicou o conferenciante, engadindo que a día de hoxe, a ferramenta fornece dispoñibilidade en máis de 2.500 pistas de pádel e tenis en todo o territorio estatal, “aínda que esta cifra increméntase de continuo debido ao interese dos centros deportivos por incluír a súa oferta e que esta se atope a disposición dos xogadores”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?