Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregan en Compostela os premios Enreguéifate
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregan en Compostela os premios Enreguéifate

Redacción
Publicado: 02/05/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

1525260236img-20180502-wa0003.jpgMáis dun milleiro de escolares de toda Galicia asistiron esta mañá no Auditorio á Regueifesta, o encontro arredor da improvisación oral en verso. Alba María, Josinho da Teixeira, Séchu Sende e Manolo Maseda participaron no evento, ao que foi convidado alumnado de Euskadi e de Cataluña. Ademais, no marco da Regueifesta entregáronse os premios da II edición do certame Enreguéifate.
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; e a concelleira de Normalización Lingüística de Ames, Isabel Vaquero, asistiron tamén á Regueifesta. O rexedor compostelán mostrouse «orgulloso polo éxito do programa Enreguéifate, pola alta participación, pola mostra de boa colaboración institucional entre catro concellos, e porque a capital do país canaliza a recuperación da tradición da regueifa». En canto á Regueifesta, Martiño Noriega valorou «moi positivamente o feito de que hoxe se xunten aquí distintas culturas: a regueifa galega, o bertsolarismo vasco e a glosa catalá».
Ao evento desta mañá acudiron estudantes de Primaria e de Secundaria chegados de diversos puntos de Galicia, como Compostela, Teo, Ames, Padrón, Pobra de Trives, Viveiro, Cambre, Carballo, Rianxo, Boiro,Vimianzo, Lugo, Pontevedra, Burela, Baio, ou Vila de Cruces. Ademais, serviu tamén de encontro interxeracional ao compartir espazo coas persoas gañadoras do certame Enreguéifate, no que participaron dende nenos e nenas ata persoas maiores.
Durante preto de dúas horas, e co apoio de diversas proxeccións audiovisuais, fíxose un percorrido pola xeografía galega a través dos diferentes xeitos de improvisar (regueifas, brindos, bombas, xenerais da Ulla) para saltar despois ao bertso de Euskadi e á glosa de Catalunya da man de alumnado destes dous lugares que se atopa estes días en Galicia. Nenas, nenos, mozas e mozos da nova xeración galega de repentismo foron as encargadas de encher o escenario de versos improvisados, ademais de contar con música en directo a cargo de rapazada de varios dos centros educativos asistentes. Sumado a isto, estableceuse unha conexión entre o repente tradicional e outras formas de improvisación máis modernas, contando cun número centrado no freestyle.

Premios Enreguéifate

1525260184img-20180502-wa0002.jpgNo marco da Regueifesta, hoxe entregáronse os premios Enreguéifate, que promoven os concellos de Santiago, Ames, Teo e Carballo.
Na categoría xeral, a regueifa máis brava foi para As Pataqueiras, de Coristanco, por un vídeo titulado A batalla interxeracional. A regueifa máis aguda outorgouse de xeito compartido entre Os Conxugadores, do barrio compostelán de Conxo, por O regueibaile, e Elektrofadas, de Vigo, por Regueifa de maiores contra pequenas. En canto á regueifa máis diversa, o galardón foi para Inter.regueifam, de Viveiro, por O ensaio; a máis reivindicativa levouna a Chavalada da Pontragham, de Tordoia, por Re-enregueifándonos na Pontragha; e a mellor cantada foi para Entre Nós, de Malpica, por Regueifa das Xeracións. Por último, a regueifa mellor falada na categoría xeral foi a das Regueifeiras da Ameixenda, de Ames, por Regueifa das amigas.
Na categoría escolar, a máis concorrida, a regueifa máis brava foi para o do CPI Poeta Uxío Novoneyra, de Pedrafita do Cebreiro, por Regueifa do Cole Rural; a máis aguda para o CEIP Gonzalo Torrente Ballester, de Cambre, por Persoeiros regueifeiros; a máis diversa para o CEE Manuel López Navalón, de Santiago, por Emoticonas, sistemas alternativos de comunicación; a máis reivindicativa outorgouse de xeito compartido para o IES Plurilingüe de Ames, por Regueistyle e o CEIP Ana María Diéguez (Asados-Rianxo), por A regueifa do pucho do monte; a mellor cantada foi para o IES Perdouro (Burela), por Patacas Bravas; e a mellor falada para o IES Nº1 do Carballiño, por Regueifa da papatoria.
Ademais, o xurado decidiu concederlle un recoñecemento especial a dous alumnos do IES A Cachada de Boiro, Lois Cespón e Brais Yáñez, pola orixinalidade e calidade da súa proposta Caladas de tempo baldeiro, na que trasladaron a arte da improvisación oral en verso ao freestyle.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?