Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AtlantTIC quere que a industria tire proveito das tecnoloxías acústicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AtlantTIC quere que a industria tire proveito das tecnoloxías acústicas

Redacción
Publicado: 03/05/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_atlanttic_sobreira.jpgO Centro AtlantTIC (Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo) vai organizar no mes de xuño uns encontros destinados a mostrar as posibilidades da enxeñaría acústica como “ferramenta de análise e mellora en distintos ámbitos da industria do automóbil, a aeronáutica e a enerxía”. As I Xornadas en Acústica Avanzada para Aplicacións Industriais desenvolveranse do 19 ao 20 xuño na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. O obxectivo é atraer persoas con diversos intereses e iniciativas que porán a Vigo na órbita dos últimos avances desta industria.
Á fronte da organización está o profesor do Grupo de Tecnoloxías Multimedia Manuel Sobreira, quen explica que, coa organización destas xornadas, a Universidade “quere mirar cara a industria para tentar solucionar problemas coas últimas tecnoloxías e a industria debe buscar na Universidade o talento e ideas que completen as súas necesidades e melloren os seus procesos e produtos”. Segundo fai saber Sobreira, a idea que subxace baixo estes encontros é a de visualizar pontes de colaboración co tecido produtivo: “Estamos nun punto de inflexión no que a industria pode beneficiarse da aplicación das novas técnicas como son a holografía acústica, o beam forming, os sensores vectoriais acústicos e a intelixencia artificial”, subliña, engadindo que a aplicación destas ferramentas de acústica avanzada “pode ser de grande interese, tanto para a avaliación da calidade do produto como para a detección de problemas durante o proceso de produción en diversos sectores (naval, automóbil, aeronáutico, enerxético, etc.)”.
Nas xornadas abordaranse as principais tecnoloxías acústicas de aplicación no ámbito industrial relacionadas con tres eixes fundamentais: holografía acústica, sensores vectoriais e intelixencia artificial acústica. A holografía acústica e beamforming son tecnoloxías asociadas á visualización de campus acústicos, empregando a sinal captada por un elevado número de micrófonos, enfocadas sobre todo ao diagnóstico de fontes acústicas complexas. Trátase, en xeral, de localizar onde se xera unha vibración ou a emisión dun ruído non desexado.
No caso dos sensores vectoriais acústicos, abre o vieiro para que, mediante un único sensor, poidamos localizar de onde procede unha onda sonora, é dicir, localizar a fonte que provocou un evento acústico. “Este tipo de técnicas de detección e localización de sinais impulsivas empréganse, por exemplo, para localizar cazadores furtivos”, explica Sobreira.
Polo que atinxe á intelixencia artificial en acústica, o uso dos sensores axeitados de maneira conxuntan con técnicas de recoñecemento de patróns e redes neuronais profundas, permite non só localizar un evento acústico, senón ademais detectar de que tipo de evento se trata. “A detección automática de eventos domésticos pode aplicarse á xeración de alertas (caídas domésticas, detección de billas abertas, goteos) ou como apoio doméstico a persoas con dificultades auditivas (detección do pranto dun bebé, do son dun timbre, etc.)”, salienta Sobreira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?