Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tres proxectos de emprendemento xurdidos da Universidade de Vigo serán preincubados na Tecnópole
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tres proxectos de emprendemento xurdidos da Universidade de Vigo serán preincubados na Tecnópole

Redacción
Publicado: 03/05/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20180504_tecnopole_01.jpgO Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) acolleu esta mañá o acto de presentación dos proxectos seleccionados no Campus de Ourense na sétima edición dos premios INCUVI-Emprende e na terceira edición dos premios INCUVI-Avanza, convocados pola Universidade de Vigo e nos que Tecnópole colabora cedendo espazo no seu niño de empresas, durante un ano, aos tres proxectos gañadores na modalidade INCUVI-Emprende. No acto, participou a directora da Axencia Galega de Innovación e vicepresidenta de Tecnópole, Patricia Argerey.
En concreto, os proxectos que se aloxarán no niño de empresas do edificio CEI do Parque son: Aproveitamento de recursos forestais, impulsada polo egresado da Escola de Enxeñaría Industrial Juan José Gil; ReivindicARTE, promovido por Violeta Pérez, estudante da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense, xunto a Sabela Pindusa Martínez e Jorge Varandela; e Biolux, unha idea procedente de estudantes da Facultade de Ciencias e representados por Daniel Docampo, xunto a Aida Otero e Borja Fraguela.
20180504_tecnopole_02.jpgPatricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación e vicepresidenta de Tecnópole, deu a benvida ao Parque e felicitou aos proxectos seleccionados e puxo á súa disposición todos os servizos e espazos que Tecnópole ofrece ao resto de empresas e centros tecnolóxicos que alí se aloxan. Ademais, agradeceu ás entidades implicadas na organización destes galardóns a súa participación: a Universidade de Vigo, a Asociación de Xoves Empresarios, Expoourense e a Confederación de Empresarios de Ourense.
Argerey aproveitou para lembrar o apoio da Xunta de Galicia ao emprendemento innovador, un área de acción que seguirá sendo estratéxica no Plan Galicia Innova 2020, e destacou dous instrumentos da Consellería de Economía, Emprego e Industria que traballan nesta dirección: a Rede de Aceleradoras de Galicia e os fondos de capital risco. A Rede de Aceleradoras de Galicia permitiu apoiar máis de 600 proxectos nos últimos cinco anos cun investimento de 18 millóns de euros a través de iniciativas como VíaGalicia, a Business Factory Auto ou Agrobiotech Innovación. Por outra banda, GAIN impulsa en colaboración co IGAPE e Xesgalicia fondos de capital risco como o Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras que ofrece apoio financeiro a iniciativas de emprendemento.
Ademais, a directora de GAIN inscribiu os proxectos seleccionados nos retos identificados pola Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia-RIS3 para o período 2014-2020, en concreto, no reto 1, xestión innovadora dos recursos naturais e culturais, e no reto 3, un novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo.

Os premios INCUVI-Emprende e INCUVI-Avanza

O obxectivo dos premios INCUVI-Emprende é fomentar o espírito emprendedor entre estudantes e persoas egresadas da Universidade de Vigo a través dun concurso de ideas que proporcione a proxectos emprendedores dos tres campus un programa de preincubación dun ano, mentres que o dos premios INCUVI-Avanza é ampliar durante un ano máis o apoio a aqueles proxectos empresariais máis viables e con potencialidade dos galardoados na convocatoria anterior dos premios INCUVI.
A Universidade de Vigo, organizadora dos premios, ofrece as actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos no caso dos premios INCUVI-Emprende, así como tamén a estadía no seu Centro de Investigación, Transferencia e Innovación de Ourense (CITI) para o premiado INCUVI-Avanza no Campus de Ourense.
Pola súa banda, Tecnópole acolle durante un ano na súa preincubadora de empresas os proxectos seleccionados na categoría INCUVI-Emprende, así como dá acceso aos espazos e servizos comúns que ofrece ás empresas e centros que están aquí ubicados. Algunhas destas prestacións que o Parque Tecnolóxico de Galicia pon á súa disposición son: formación, asesoramento en comunicación, acceso a aulas e salas de reunións, rede de fibra óptica, conectividade sen fíos, infraestruturas científico-tecnolóxicas así como servizo de soporte á xestión e viabilidade empresarial, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?