Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Defenden na Ourense ICC Week a supervivencia da industria da música na xungla dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Defenden na Ourense ICC Week a supervivencia da industria da música na xungla dixital

Redacción
Publicado: 04/05/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

segunda_xornada_icc_2018.jpgSegue adiante a semana Ourense ICC Week, co seu completo programa de actividades arredor da creatividade e a innovación, cunha parte importante de accións ligadas directamente ao dixital. Por exemplo o evento ICC Gamers, que comezou onte, acubillando dúas grandes quedadas: ICC Technium R Encounter e ICC eSports. Celébranse no Campus de Ourense ata o domingo e son, ante todo, dous grandes espazos comunitarios para compartir coñecemento e mostrar as últimas tendencias en videoxogos e deportes en liña. Segundo nos conta a organización da ICC Week, a Deputación de Ourense, na xornada de onte, amais de videoxogos, tamén houbo humor, creatividade dixital a esgalla e un oco para reivindicar o futuro da industria da música na era das redes.
Así, tala xornada da mañá no Mosteiro de San Pedro de Rocas, onde se debateu sobre o patrimonio rupestre europeo, as actividades trasladáronse ata o Centro Cultural Marcos Valcárcel para falar sobre a Supervivencia na xungla dixital, onde participaron os músicos e compositores, Nacho García Vega e Luis Mendo, quen fixeron unha análise do panorama e as oportunidades que ofrece o entorno dixital, diferenciando os dereitos dos artistas e intérpretes, dos dereitos de autor, e ofreceron a súa opinión da situación actual da música coa chegada de Internet.
mb_2_xornada_icc_2018.jpgLuis Mendo reclamou que “haxa unha remuneración xusta para os intérpretes. Cando unha persoa accede a unha plataforma dixital, pagando ou non, os creadores debemos ter a remuneración xusta”. Asemade, dixo que a situación actual é difícil pois “agora ninguén copia un CD, levamos a música no móbil, e estes dereitos son unha parte fundamental nos ingresos que percibe o artista ou intérprete”.
Pola súa parte, Nacho García Vega, centrou o tema na industria da música no entorno dixital e recoñeceu que se ben escóitase “máis música que nunca”, a parte creativa e a interpretativa foron perdendo valor. “Os hábitos son distintos”, engadiu, “e agora hai unha tendencia á espontaneidade e á prontitude”. Asemade, García Vega destacou que antes había multitude de compañías de discos, agora tres grandes multinacionais e un panorama de selos independentes, que arriscan”.
Programación para hoxe
Esta sexta feira, 4 de maio, as actividades trasladaranse ao mosteiro de San Clodio, en Leiro, onde a partir das 10.30 horas, falarase da creatividade e do sector TIC, baixo o título Unha viaxe cara a sociedade do coñecemento. Abrirá a xornada a directora de Imaxin Software, Luz Castro, quen falará da gamificación e software galego. Ás 11.30 horas, será a enxeñeira e deseñadora gráfica, Cynthia Gálvez, quen ofrecerá un relatorio sobre AV. VR. MR.: Alén da tecnoloxía, e rematará, ás 12.30 horas, a avogada e policy manager, Sara Rodríguez, falando de economía colaborativa.
Posteriormente, ás 13.00 horas, as actividades da Ourense ICC Week continuarán no pavillón do Campus de Ourense coa inauguración oficial da ICC Technium R Encounter, na que participarán o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez; e o director xeral de R, Alfredo Ramos.
Pola tarde, ás 16.30 horas, será a quenda para os máis cativos cunha xornada de cultura contemporánea para nenos, no marco da ICC Kids. Estamos a falar da actividade Xogas ou traballas?, que terá lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, e correrá a cargo dos youtubeiros @Chincheto77 e @Tonacho que explicarán como fixeron da súa paixón a súa profesión.
Ás 18.00 horas, as actividades trasladaranse ao Liceo de Ourense onde será protagonista o sector audiovisual. Alí o presidente da AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Nico Campos, e a directora e guionista de cine, Gracia Querejeta, falarán Do papel á pantalla: a traxectoria dunha muller creativa. E, nese mesmo centro, ás 19.30 horas, será a quenda para Autores e Creadores coa entrega do galardón Premio MUSA SGAE a cargo do presidente da SGAE, José M. Sastrón, ao músico e compositor de Los Suaves, Yosi Domínguez. A xornada rematará con música, ás 21.00 horas, no Teatro Principal, co concerto de Mikel Erentxun.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?