Dende YouTube consideran que o concepto clásico de prime time definido pola hora na que se emiten os programas de televisión está desfasado, pois agora é a audiencia a que decide a que hora se conecta para consumir contido, e como mostra diso aseguran que en televisores xa se ven máis de 150 millóns de horas de YouTube ao día. Este dato achégano co gallo de Brandcast, un evento anual que a pasada noite celebrou a súa sétima edición e no que a directora xeral da compañía, Susan Wojcicki, desvelou que YouTube ten 1.800 millóns de usuarios identificados ao mes.
YouTube aproveitou a cita para anunciar toda unha serie de contidos orixinais claramente orientados ao público norteamericano e cos que buscan captar publicidade de anunciantes da televisión tradicional. Entre estes espectáculos terán Will Smith: The Jump Off, Priyanka Chopra: If I Could Tell You Just One Think, Jack Whitehall: Training Days e Best Shot (con LeBron James e Maverick Carter como produtores executivos); e tamén renovarán con Demi Lovato e as series The Super Slow Show e Kevin Hart the Fit.
Google continuará a promover novas fórmulas para achegar aos anunciantes, así como tamén facilitará métodos para medir audiencias de xeito interno e externo, facilitando así a chegada de ingresos publicitarios.
YouTube está cada vez máis presente en televisores
Compartir Este Artigo
