Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Educación convoca uns premios sobre programación, robótica e impresión 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Educación convoca uns premios sobre programación, robótica e impresión 3D

Redacción
Publicado: 07/05/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

desafiostem_3.jpgA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar o premio de innovación educativa Desafíos STEM: Programación, Robótica e Impresión 3D, dirixido aos centros de ensino públicos que impartan ESO ou bacharelato, co fin de recoñecer os proxectos neste ámbito creados polos propios centros escolares.
Esta iniciativa enmárcase dentro da Estratexia Galega de Educación Dixital, Edudixital 2020, impulsada pola Consellería, a través da cal se busca lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21 co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica. Por outro lado, tamén se pretende romper coa fenda de xénero nos estudos STEM.
Para a convocatoria Desafíos STEM deste ano establécense dúas categorías: Unha STEM Iniciación, dirixida ao alumnado de 1º,2º, 3º da ESO, FP Básica ou PMAR; e unha STEM Afondamento, para alumnos de 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato. Dentro de cada categoría, cada proxecto poderá optar a tres Desafíos: Desafío Robots, Desafío Programación ou Desafío Impresión 3D. Haberá un total de seis premios, un por cada desafío e categoría, todos eles dotados con 2000 euros para centro; así como unha distinción para os alumnos participantes.
Tal como establece a resolución, os centros interesados teñen de prazo ata o 10 de xullo para presentar a correspondente solicitude así como un informe coa documentación relativa ao proxecto que presente. Cada centro pode presentar ata un máximo de seis equipos, cada un deles composto por entre 3 e 6 alumnos que deberán pertencer ao mesmo nivel educativo. Os proxectos deberán estar elaborados integramente polo alumnado empregando o equipamento de robótica, as placas de comunicación e programación e os equipos de impresión 3D cos que a Consellería de Educación dotou a estes centros.
Respecto aos criterios de valoración, teranse en conta a funcionalidade do proxecto presentado, a súa calidade técnica e pedagóxica, a implicación do alumnado mediante un traballo cooperativo e a implicación do centro en actividades de fomento de vocacións STEM, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?