Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ábrese a convocatoria do segundo programa de aceleración Conector Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ábrese a convocatoria do segundo programa de aceleración Conector Galicia

Redacción
Publicado: 08/05/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

conector_galicia_logo-2.jpgConector Startup Accelerator, a aceleradora especializada en startups en fase semente, lanza o seu segundo programa de aceleración horizontal non corporativo en Galicia coa intención de dar apoio a startups dixitais localizadas nas provincias do noroeste do país. Esta iniciativa conecta novas compañías coas principais industrias e corporacións galegas, e o mellor talento e potencial investidor galego do ecosistema internacional.
Gal#2 está focalizado en startups tecnolóxicas en fase semente cuxos emprendedores queiran liderar a transformación dixital. Entre outros, búscanse proxectos innovadores en comercio electrónico, retail e mobilidade que usen tecnoloxías como IoT, big data, blockchain ou realidade virtual e que teñan un prototipo no mercado, un equipo formado e potencial de crecemento e internacionalización.
Os emprendedores interesados teñen tempo ata o 18 de xuño para presentar as súas candidaturas e poden facelo desde hoxe vía web. A partir de entón, os analistas de Conector Galicia preseleccionarán aos mellores proxectos para que presenten o seu startup ante os mentores de Conector en xuño no Startup Day, o evento privado onde os socios e mentores votarán e elixirán que proxectos merecen entrar no segundo programa de aceleración de Conector Galicia.
conector_galicia_20170711_100346.jpgA aceleradora, que forma parte da Rede de Aceleradoras de Galicia , traballará coas startups finalistas durante 5 meses, de setembro do 2018 a xaneiro do 2019. Durante este tempo os emprendedores seleccionados contarán co asesoramento dun cadro de mentores elixido segundo as necesidades do seu proxecto, axudas en forma de partners das empresas colaboradoras coa aceleradora e sesións de formación, ademais de dispoñer de oficinas de maneira gratuíta.
Ao final da aceleración as startups terán a posibilidade de presentar o seu proxecto diante dos investidores, VC e business angels máis importantes do país no Demo Day que se celebrará en febreiro do 2019.
Actualmente a aceleradora xa conta cunha rede de 250 mentores nacionais con novas incorporacións do principal talento galego como David Alayón, head of innovation projects en Inditex; Betty Lepina, e- commerce manager en Adolfo Domínguez; Gerard Gracia, head of digital garage en Estrela Galicia; Adolfo Fernández, global program manager en Google; Luís del Pozo, CMO en Jazztel; Rubén Ferreiro, CEO en Grupo Viko e Carlos Blanco, managing partner en Encomenda VC, entre outros.
Este é o segundo programa horizontal que Conector Galicia pon en marcha en solitario. Lalo García, director de Conector Galicia e máximo responsable dos programas na rexión, ve este segundo programa como unha oportunidade para aquelas solucións que axuden a potenciar a transformación dixital. En 4 anos por Conector xa pasaron 126 startups que conseguiron máis de 50 millóns de euros de investimento, entre elas Glovo, Meller, GOI ou Jobin. A aceleradora, impulsada por algúns dos emprendedores máis destacados do ámbito tecnolóxico de España como Carlos Branco, Gerard Olivé, Marc Ros, Marc Vidal, Miguel Vicente ou Risto Mejide, ten previsto lanzar 5 programas de aceleración ao longo do 2018.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?