Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA renova a súa colaboración co CPEIG, o CPETIG e a AETG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA renova a súa colaboración co CPEIG, o CPETIG e a AETG

Redacción
Publicado: 08/05/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

sintura_convenio_cpeig_e_amtega_1_.jpgAo abeiro das actividades e estratexias da Axencia Dixital de Galicia 2020, a axencia AMTEGA vén de dar un novo pulo ás súas alianzas coas principais entidades profesionais da nosa terra ligadas ás novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). Estamos a falar do CPEIG, o CPETIG e máis a AETG-COETG. Esta mañá (sen ir máis lonxe) a directora da axencia autonómica, Mar Pereira, formalizou senllas renovacións dos acordos cos presidentes do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática, Fernando Suárez; do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática, Marcos Mata; e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións Julio Sánchez Agrelo. Este traballo conxunto a catro bandas, que xa vén de antigo, abrangue unha decena de liñas de actuación, a desenvolver ao longo deste ano.
Nun plano máis detallado, os acordos inclúen un orzamento público total de 135.000 euros e establecen que as tres devanditas entidades poñan en marcha novas actuacións como o Programa TechKids co CPEIG, para impulsar as vocacións STEM entre os máis novos; unha xornada de difusión sobre o 5G coa AETG ou unha campaña de sensibilización sobre a presenza das mulleres na informática co CPETIG. Estas iniciativas súmanse a outras xa consolidadas como unha nova edición da Xornada de Informática Xudicial e Delitos informáticos, o asesoramento en materia de telecomunicacións ou xornadas formativas para profesionais.

Contidos
  • Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática
  • Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática
  • Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática

sintura_convenio_cpeig_e_amtega_3_.jpgO CPEIG porá en marcha este ano o Programa Tech Kids para fomentar o interese pola tecnoloxía entre a rapazada de 10 a 16 anos con actividades como desenvolver aplicacións para dispositivos móbiles; deseñar e crear o seu propio videoxogo ou crear contidos dixitais. Todo isto para impulsar as vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). O programa terá unha sesión inicial en Santiago para continuar con outras 20 xornadas en distintos puntos da Comunidade. O CPEIG desenvolverá tamén media ducia de cursos de distintas temáticas orientados a especialización de profesionais do ámbito TIC, que combinarán a modalidade semipresencial e de teleformación para facilitar a participación. As actuacións previstas polo CPEIG completaranse con actividades de difusión para profesionais, organismos e empresas do sector TIC galego en temas de investigación, tendencias de mercado, innovación, etc.

Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática

O CPETIG celebrará a oitava edición da Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos, que reunirá un ano máis a reputados especialistas neste eido para abordar e debater as novidades derivadas da evolución tecnolóxica. Ademais o Colexio organizará a cuarta edición do Scratch Day, a xornada que une a pais, nais e crianzas en torno á programación e a creación de videoxogos coa ferramenta Scracth. Entre as novidades para este 2018 figura tamén o curso sobre a normativa sobre protección de datos de carácter persoal para “afondar no coñecemento da nova normativa en materia de Protección de Datos”, das actuacións que se deben levar a cabo con motivo da adecuación obrigatoria ao novo Regulamento Xeral de Protección de Datos da UE e a figura do DPD (Delegado/a Protección Datos).
A maiores, o CPETIG porá en marcha unha campaña sensibilización sobre a presenza das mulleres no ámbito tecnolóxico. A iniciativa, informouse na sinatura dos acordos, “dará especial visibilidade ás mulleres que foron esenciais no desenvolvemento da informática e a outras, que hoxe en día traballan no sector, buscando dende as súas experiencias romper ideas preconcibidas que afastan ás mulleres, dende idades moi temperás, da opción de escoller estudos vinculados á informática”.

Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación

Pola súa banda, a AETG desenvolverá actuacións de formación e capacitación en materia de telecomunicacións para profesionais deste ámbito e unha xornada dirixida á cidadanía sobre a tecnoloxía 5G. De xeito complementario, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia levará a cabo un estudo sobre a calidade das redes de banda larga naquelas zonas da nosa xeografía que, polas súas características específicas, requiran de medidas de control concretas.
O acordo abrangue igualmente a posta á disposición dos concellos galegos dun servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregue de infraestruturas de telecomunicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?