Hai tres anos Telefónica engadía á súa oferta converxente un servizo de seguridade do fogar, Movistar Verisure Hogar, posible grazas a unha alianza con Securitas Direct, pero esta asociación non parece ter sido igual de beneficiosa para ambas partes, e Movistar está a informar aos seus clientes de que «por causas alleas a Movistar, dende o 3 de maio de 2018 o servizo Movistar Verisure Hogar, prestado xunto a Securitas Direct, deixa de estar dispoñible» ao que engaden que os clientes actuais non terán que devolver o equipamento instalado nos seus domicilios e tampouco cobrarán as cotas pendentes polo equipamento e polo servizo do mes en curso.
Este servizo de seguridade consistía nun servizo de control do fogar cunha cámara de vídeo Full HD, unha unidade central Wi-Fi, un sensor de porta con detección de apertura e peche, un par de mandos e unha placa disuasoria, de xeito que para alertar á Policía era preciso premer un botón de emerxencia.
Mentres Movistar deixa este tipo de servizos, Orange mantén o seu Smart Security (prestado en colaboración con Tyco) e Vodafone está a potenciar o seu V-Home.
Movistar retira o seu servizo de seguridade para o fogar
Compartir Este Artigo
