Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As comunicacións cuánticas toman a vila de Baiona
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As comunicacións cuánticas toman a vila de Baiona

Redacción
Publicado: 09/05/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_baiona_cuanticas.jpgA vila de Baiona está a acoller esta semana a Secure Quantum Communications (SQC) School, unha xuntanza internacional na que participan preto dun cento de estudantes e de expertos de toda Europa, formándose en comunicacións cuánticas avanzadas. O director do comité de organización é Marcos Curty, investigador do grupo Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación. Segundo fai saber, trátase da primeira vez que se organiza este evento na Universidade de Vigo. Nas súas palabras, trátase dunha escola sobre comunicacións cuánticas na que se brinda a oportunidade de interactuar con algúns dos principais expertos internacionais neste eido.
O simposio enmárcase no contexto do proxecto europeo H2020 Quantum Communications for ALL (QCALL), a primeira Innovative Training Network (ITN) que obtivo a Universidade de Vigo, un tipo de proxecto de I+D que se constitúe como rede internacional de empresas e institucións para formar durante catro anos a profesionais de primeiro nivel nunha área de coñecemento determinada. Neste caso, o obxectivo é que estudantes de doutoramento europeos se formen entre 2016 e 2020 en universidades e empresas punteiras en tecnoloxías e comunicación cuánticas.
A Secure Quantum Communications (SQC) School é un programa dunha semana de duración “sobre aspectos teóricos e experimentais das comunicacións cuánticas coa participación de especialistas de recoñecido prestixio que axudarán a que os estudantes acaden unha capacitación de alto nivel neste eido”, destaca Curty. En total concorren73 investigadores e investigadoras de pre-doutoramento, 15 deles membros do propio proxecto de investigación e outros 58 pertencentes a institucións de todo o mundo, principalmente de Europa.
O evento acubilla 15 seminarios de hora e media de duración sobre criptografía cuántica, nos que se abordarán cuestións tanto teóricas como experimentais e avaliaranse as prestacións e a seguridade destas tecnoloxías.
A criptografía cuántica, para quen non o saiba, permite cousas como ter comunicacións totalmente seguras baseándose nos principios da mecánica cuántica. Ou sexa, que pon en xogo sistemas que non se poden romper, segundo explica Curty “algo de especial relevancia nunha contorna na que o intercambio de datos a través de Internet é cada vez maior e implica institucións, empresas e gobernos que precisan de comunicacións cen por cen seguras”. A finalidade do proxecto colaborativo QCALL, no que se insire o evento de Baiona, é avanzar no desenvolvemento “de redes seguras a nivel continental, ao tempo que formamos as e os expertos en tecnoloxías cuánticas do futuro”.
O proxecto ten un orzamento global de 4 millóns de euros, 500.000 dos cales xestionará a Universidade de Vigo como entidade coordinadora dunha das tres accións que conforman a rede.
O subproxecto coordinado polo grupo de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas da EE de Telecomunicación céntranse en desenvolver novos protocolos e solucións para o futuro das comunicacións cuánticas. Máis polo miúdo, traballarase na xeración de números aleatorios, en protocolos de comunicación máis eficientes incorporando as tecnoloxías cuánticas e en protocolos máis ligados ao concepto de integridade das comunicacións có de confidencialidade das mesmas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?